REFERENCIA ROLDA DE PRENSA
Os deputados populares Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao fixeron unha análise das actuacións desenvolvidas pola nova Xunta nestes primeiros meses de xestión do PPdeG
NOS 100 PRIMEIROS DÍAS DO GOBERNO DE FEIJOO TRIPLICOUSE O INVESTIMENTO DA XUNTA BIPARTITA NA MARIÑA LUCENSE
* O novo Executivo autonómico destina 48.160.264 millóns de euros para obras e servizos de destino determinado na nosa comarca, tres veces máis que o comprometido polo bipartito para todo o 2009
* A adxudicación das obras do primeiro treito do corredor da costa, entre San Ciprián e Celeiro –cun investimento de 32 millóns de euros- as melloras nas estradas Bretoña-Lindín e Pozomouro-Espiñeira, a urbanización do parque empresarial de Landrove (Viveiro), os investimentos de Portos de Galicia no peirao comercial de Ribadeo, incluído a construción dunha nova nave almacén, o informe de viabilidade que a Xunta prepara para avalar a apertura do dique norte de Alcoa e os programas de fomento do emprego a través do GRUMIR e os socorristas que dan traballo a máis de 180 persoas principais actuación da nova Xunta nos cen primeiros días de Goberno.
* Para os deputados do PP o Executivo de Feijóo vai polo camiño correcto e cumpre e cumprirá coa palabra dada aos veciños desta comarca.
A Mariña, 29 de xullo de 2009.- Os deputados mariñáns do PPdeG, Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao compareceron na mañá de hoxe en rolda de prensa para facer unha valoración dos cen primeiros días de Goberno de Alberto Núñez Feijóo como Presidente da Xunta de Galicia e a súa incidencia na nosa comarca. Os parlamentarios subliñaron que, tan só nos cen primeiros días de Goberno, triplicouse o investimento do Executivo bipartito na Mariña lucense. Circunscribíndonos ao último exercicio orzamentario pechado, o do ano 2008, se a Xunta bipartita comprometeu 18,8 millóns de euros para obras e servizos con destino determinada no nosa comarca, tan só nos cen primeiros días a Xunta do PPdeG comprometeu 48,16 millóns de euros, isto é, máis do triplo.
21 MILLÓNS MÁIS QUE NOS ÚLTIMOS TRES EXERCICIOS
Estes datos son aínda máis significativos se comparamos o orzamento realmente executado polo bipartito e o que xa ten comprometido o PPdeG. Mentres que nos tres últimos exercicios pechados (anos 2006, 2007 e 2008) o Goberno de PSOE e BNG executaron obras e servizos na Mariña por valor de 27 millóns de euros, o Executivo de Feijóo investiu, nestes primeiros meses de Goberno, un total de 48 millóns de euros. Isto é, 21 millóns de euros de diferenza a favor dos populares que redundan en beneficio da nosa comarca.
PRINCIPAIS ACTUACIÓNS
Entre as principais actuacións, obras e servizos que engrosan o haber do PPdeG nestes cen primeiros días, os deputados populares subliñan a adxudicación das obras do primeiro treito do corredor da costa, entre San Ciprián e Celeiro –cun investimento de 32 millóns de euros-. Esta xestión rompe co esquecemento no que o bipartito mantiña a principal infraestrutura que é competencia da Xunta na nosa comarca. Mentres que eles na última lexislatura non foron capaces de executar un só metro de corredor, o PPdeG xa adxudicou o primeiro dos tramos desta vía. Tamén en materia de infraestruturas o Goberno galego puxo en marcha varios proxectos básicos destinado á mellora de estradas da rede secundaria. Entre elas varias das máis empregadas polos veciños desta comarca como son Bretoña-Lindín (Mondoñedo – A Pontenova e orzamento de 2,6 M€) e Pozomouro-Espiñeira (Barreiros-Foz cun investimento de 229.564 euros)
Outras das consellerías que maior investimento achegou ao conxunto das bisbarras da Mariña lucense foi a do Mar. Así o Ente Público Autonómico Portos de Galicia achegou preto dun millón de euros para o aumento de cota do perirao comercial de Ribadeo, anunciou a adxudicación da construción dunha nova nave que servirá como almacén de mercadurias e investirá máis de 2 millóns de euros en modernizar toda a infraestrutura eléctrica das instalacións portuarias no norte de Lugo. Ademais, desde o PPdeG subliñan que, por primeira vez, a Xunta a través deste ente público autonómico está a elaborar un informe de viabilidade co que contan apoiar a apertura do dique norte de Alcoa. A Consellería do Mar tamén recuperou a promoción do bonito, un produto pesqueiro de grande importancia para o conxunto da flota da Mariña e, de xeito especial, para as empresas que operan no porto de Burela e comprometeuse a dotar dunha dobre tripulación ao helicóptero Pesca II, con base en Celeiro, garantindo a súa operatividade as 24 horas do día os 365 días do ano.
No eido da promoción da industria e do emprego debemos subliñar, xunto ao investimento de 5 millóns de euros para urbanizar o parque empresarial de Landrove (Viveiro) –esquecido ao longo de toda a pasada lexislatura polo bipartito- así como os máis de 1,5 millóns de euros que a Xunta inxectou nos distintos concellos da Mariña para a contratación de 180 traballadores, nos servizos de GRUMIR ou socorristas. A todo isto debemos sumar a incidencia do plan de emprego municipal co que o PPdeG pretende impulsar a contratación de parados que teñan esgotada a súa prestación ou subsidio.
Cómpre tamén subliñar outras actuacións como son aposta pola promoción turística da Mariña, ou o apoio á festas de grande interese como son a Feira de Artesanía de Ferro de Riotorto ou a Queimada Popular e a Maruxaina en Cervo
A XUNTA POLO BO CAMIÑO
Analizando estes e outras actuacións, os deputados populares conclúen que o novo Goberno de Galicia vai polo camiño correcto e, tal e como amosan as súas xestións nestes cen primeiros días, o Executivo que preside Feijóo, cumpre e cumprirá a súa palabra dada aos veciños desta comarca.
En todo caso, Balseiro e Álvarez subliñaron que é moito o que falta por conseguir aínda, unha tarefa que non é doada. “Non é sinxelo, nin posible en 100 días poñer fin, compensar, revisar, catro anos de esquecemento da nosa comarca e mala xestión por parte do bipartito. Pero igual que afirmamos esto podo dicir que o Partido Popular ten moi clara cal é a folla de ruta, e está vén establecida polo programa electoral, polo compromiso adoptado con cada un das veciñas e veciños da Mariña lucense”. Conseguir facer realidade cada unha destas promesas é “un traballo que asumimos con esforzo e ilusión”.
O MELLOR ESTÁ POR CHEGAR
Ata o momento a actual Xunta ten unha grande limitación á hora de elaborar gran parte das actuacións pendentes. Os actuais orzamentos para 2009 son os elaborados polo bipartito e, en liñas xerais, supoñen un corsé que xunto aos buratos orzamentarios deixados por PSOE e BNG, e a propia incidencia na recadación derivada da crise económica, fan difícil esta tarea. En todo caso, a idea que desexan trasladar desde o PP comarcal é moi clara: con Feijóo ao fronte da Xunta, o mellor está por chegar








Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



