18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Aabre en Xove a exposición “A paz . Cuestión de fondo” ata o 21 de maio

26-04-10

XOVE .- O martes, 27 de abril, na Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove, vaise abrir a exposición “A Paz Cuestión de Fondo”, presente no Concello ininterrompidamente ata o 21 de maio, de luns a domingo en horario de 18:00 a 21:00 e pertencente ao Fondo Galego de Cooperación. A exposición está formada por varias viñetas nas que se afonda en temas como a pobreza, o racismo e a violencia. Concretamente, consta de 16 láminas de 120×80 cm., a toda cor e en lona de 3 mm. de espesor. As láminas, que presentan dous debuxos en cada un dos paneis, son obra de 28 autores procedentes de 16 países diferentes.

O obxectivo das caricaturas consiste en amosarnos os prexuízos que operan acerca da idea de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou da guerra. Verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporánea son a proposta desta exposición colectiva internacional, que non só serve de repaso á realidade actual, senón tamén como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a cruenta realidade.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que o desenvolvemento sostible non é posible nun contexto de pobreza, violencia e racismo. Por iso, con esta exposición quere contribuír a crear un clima de opinión favorable á promoción dunha nova orde económica internacional, sen excluídos nin perdedores.

Rosa Lage, axente de emprego e desenvolvemento local do noso Concello, como técnica responsable do Fondo Galego de Cooperación no noso municipio, coordina esta actividade.

Dende o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, agárdase a colaboración da veciñanza nesta actividade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive