10 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

OP Telecentro de Ribadeo acollerá seis obradoiros durante o mes de outubro

30-09-10

Nota de prensa:
O TELECENTRO DE RIBADEO ACOLLERÁ SEIS OBRADOIROS DURANTE O MES DE OUTUBRO.

Ribadeo, 30 de setembro de 2010. O telecentro do Concello de Ribadeo organizou seis obradoiros para outubro.

O telecentro continuará co obradoiro de Iniciación á informática posto en marcha dende o pasado 17 de setembro cos membros da Asociación A Mariña de Ribadeo. Terá lugar todos os venres do mes, do 1 ao 29 de outubro, en horario de 11:30 a 12:30.

Asemade dende o 5 ao14 de outubro en horario de 19:00 a 20:30, continuarase coa preparación da videomontaxe final da iniciativa Lembranzas de Ribadeo, co que se creará unha composición audiovisual conxunta con imaxes, música e voz en off.

Nos días seguintes, en horario de 12:00 a 14:30, realizaranse os seguintes obradoiros cos participantes dun módulo de formación para o emprego:

Iniciación á informática: do 18 ao 20 de outubro.

Creación dun Curriculum Vitae e carta de presentación: o 21 de outubro

Creación dunha conta de Correo electrónico: os días 25 e 26 de outubro.

Busca de emprego a través da internet: do 27 de outubro ao 3 de novembro.

Para solicitar máis información sobre as súas actividades os interesados poden dirixirse ao telecentro de Ribadeo – Casa da Xuventude-, sito na Rúa Antonio Otero, nº 15, chamar ao teléfono 982.120.732, ou enviar un correo electrónico ao enderezo telecentroribadeo@gmail.com

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive