08 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE pregunta no Parlamento pola balsa de lodos de Alcoa na Mariña

12-10-10

Nota de prensa:
Queren coñecer a capacidade, o volume e os sistemas de almacenamento

OS SOCIALISTAS PREGUNTAN POLA BALSA DE LODOS DE ALCOA NA MARIÑA DE LUGO

– O portavoz de Industria do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada quere saber que liñas de seguimento e control fai a Xunta de Galicia sobre a prevención de seguridade desta instalación

– Losada di que esta fabrica conta cunha balsa de lodos e asegura que a empresa garantiu a seguridade, pero sorprendentemente a Xunta non foi mais ala de declaracións xenéricas, que na nosa opinión deberían ser mas detalladas.

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2010. O portavoz de Industria do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada rexistrou unha iniciativa na Cámara Autonómica na que reclama explicacións pola base de lodos de Alcoa na Mariña lucense.

Na iniciativa rexistrada lembra que a rotura dunha balsa de Hungría e que afectou a un area de 40 quilómetros, con perda de vidas humanas, pon en entredito a seguridade medio ambiental destes residuos.

Sinala que na nosa Comunidade existe a fabrica de Alcoa S.A., asentado en Xoxe e Cervo, na que traballan 1700 persoas. Di que esta fabrica tamén conta cunha balsa de lodos e asegura que a empresa garantiu a seguridade, pero sorprendentemente a Xunta non foi mais ala de declaracións xenéricas, que na nosa opinión deberían ser mas detalladas.

Por todo isto o Grupo Parlamentario Socialista quere saber;

-Cal é a capacidade total para o que foi proxectada a balsa de almacenamento de lodos roxos de alúmina-aluminio na parroquia de Lago no Consello de Xove?

-Cal é o volume de lodos almacenados na actualidade na citada instalación? Cal é o volume diario de almacenamento? Cal é a capacidade da balsa de almacenamento? Cales son os sistemas de almacenamento?

-Están testados noutras empresas fabricantes de alumina-aluminio?

-Que sistema de verificación utiliza a Xunta para o seguimento das garantías de mantemento e almacenamento da balsa?

-Cales son as liñas de seguimento e control que fai a Xunta sobre a prevención da seguridade desta instalación?

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive