16 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña irá a manifestaración do 21 de novembro a Santiago

03-11-10

Nota de prensa

Presentación mobilización convocada para o 21 de novembro en Compostela.

No mes de xuño celebrouse unha manifestación en Burela

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña integrada por colectivos sociais, asociacións de doentes, sindicatos e partidos políticos forma parte da plataforma  sos-sanidadepública que agrupa a todas as plataformas na defensa sanidade pública criadas en Galiza coa intención de defender o sistema sanitario público galego convencidos de que coas políticas que está a executar o actual goberno galego non fan mais que deteriorar e facer inviábel intencionadamente o sistema sanitario público con intencións privatizadoras.

Contra esta política www.sos-sanidadepublica.org ten convocada unha manifestación o domingo 21 de novembro en Santiago de Compostela para dar unha resposta social clara e contundente que poña freo a est4 modelo privatizador xa posto en marcha noutras comunidades gobernadas polo Partido Popular como Madrid ou Valencia.

A Mariña estará  presente nesta mobilización polo que nos próximos días a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña realizará unha campaña social para difundir esta manifestación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive