25 de Xuño de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A tenente de alcalde de Burela pide dimisións pola repetida falla de servizo de autopsias no Hospital da Costa

11-11-10

Nota de prensa

NEVES CANDO PIDE A DIMISIÓN DOS POPULARES BALSEIRO E BARCIA POR MENTIR E ENGANAR Á POBOACIÓN CONTANDO EN REITERADAS OCASIÓNS QUE AS AUTOPSIAS SE REALIZAN NO HOSPITAL DA COSTA, ALGO QUE NON OCORREU O PASADO MARTES CO FALECIDO NO PORTO.

Burela, 11 de novembro de 2010. A tenente de alcalde, Neves Cando, pide a dimisión dos populares José Manuel Balseiro e José Mª González Barcia por enganar á poboación contando en reiteradas ocasións que as autopsias se realizan no Hospital da Costa. A edil nacionalista lembra que o falecido o martes en Burela foi trasladado a Lugo, tal e como aconteceu noutras ocasións ao longo dos últimos meses.

Neves Cando asegurou que “a realidade é teimuda e acaba poñendo a cada un no seu lugar e isto foi o que aconteceu unha vez máis e desgraciadamente para a familia afectada o pasado martes con motivo do falecemento dun veciño de Burela por causa do temporal. E o que pasou foi que houbo que agardar máis de dúas horas a que chegase desde Lugo, en taxi por certo, o médico forense para que procedese ao levantamento do cadáver do falecido e despois dun breve recoñecemento informou á familia de que sería levado a Lugo para realizarlle a autopsia e que unha vez feita sería traído de novo a Burela, feito que aconteceu cara as sete da tarde”.

A tenende de alcalde pregúntase “¿onde estaba ese servizo de autopsias que o señor Balseiro e o señor Barcia dicían que se facía en Burela? Alí estábamos todos, a familia, autoridades, mariñeiros e veciños de Burela e puidemos constatar unha vez máis que o PP nos engana cando di que as autopsias se realizan no Hospital da Costa. Alí estaba tamén o portavoz do PP de Burela, que puido presenciar isto e de paso percibir a indignación de todos ante a patraña das súas declaracións no verán acusándome a min de mentirosa cando denunciaba outras situacións similares que desgraciadamente tamén se produciron non só en Burela senón noutros puntos da comarca”.

Neves Cando insiste en que “unha vez máis os señores Balseiro e Barcia enganaron a todos os veciños e veciñas de Burela e da comarca en xeral cando dixeron que desde o 14 de maio as autopsias se realizaban en Burela. Todos puidemos comprobar o martes aquí que iso é mentira e ante isto ao señor Balseiro e ao señor Barcia non lles queda outra que dimitir por mentirosos e por enganar aos veciños. Non se pode xogar así coa dor das familias e enganar a todo o mundo. O martes en Burela morreu un veciño noso e tivo que ser levado a Lugo para precticarlle a autopsia, ésta é unha vez máis a realidade. E agora unha vez máis se demostra quen minte e quen engana”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive