pon en dubida
Nota de prensa
NEVES CANDO RECOMÉNDALLE AO PP QUE SE ENTERE BEN ANTES DE FALAR PORQUE SENÓN ESTÁN A DEMOSTRAR A SÚA IGNORANCIA OU A SÚA CONDICIÓN DE MENTIROSOS.
Burela, 16 de febreiro de 2011. A tenente de alcalde de Burela, Neves Cando, recoméndalle ao PP que se entere ben antes de falar porque senón están a demostrar a súa ignorancia ou a súa condición de mentirosos. A edil nacionalista refírese de novo á construcción dunha pista de pádel en Burela e á renuncia dunha subvención para festas populares.
Neves Cando manifestou que “desde que entramos no goberno municipal de Burela na Delegación de Deportes propuxémonos mellorar e aumentar as instalacións deportivas do noso pobo. E así ampliamos o pavillón Vista Alegre, unha obra cofinanciada pola anterior Xunta cando o BNG levaba a Dirección Xeral para o Deporte; xestionamos a construcción do primeiro campo de herba artificial da Mariña, tamén cofinanciado pola anterior Xunta e agora xestionamos a construcción dunha pista de pádel, financiada íntegramente pola Deputación de Lugo e a súa Área de Deportes. É dicir tres importantes equipamentos deportivos en pouco máis de tres anos de goberno municipal e gustaríame saber si o PP pode presumir deste curriculum nos 15 anos que gobernou Burela”.
A edil de Deportes sinalou que “agora parece que ao PP de Burela non lle gusta que se faga unha pista de pádel porque ao PP de Burela non lle gusta nada do que faga o goberno municipal e dalle voltas e voltas ao tema cando a cousa é ben fácil. Conseguimos a construcción dunha pista de pádel financiada ao cen por cen pola Deputación de Lugo para que todos os veciños e veciñas de Burela poidan disfrutar deste novo deporte e temos os cartos conseguidos e temos a prórroga para executar a obra, non vexo entón cal sexa o problema. Fala o PP de irregularidades cando se teñen todos os papeis asinados e os permisos solicitados. É curioso isto último cando o portavoz do PP, o señor González Barcia, recoñeceu nun acto público non ter pedido nin autorización siquera para unhas obras feitas na súa época”.
Cando engadiu que “temos que falar da época do PP porque vostede non é quen de dar leccións sobre legalidade cando falamos por exemplo do tema de Torrentes, porque como dicía hai uns días, fixo vostede tal chapuza que foi anulada por sentenza xudicial a aprobación definitiva do proxecto de reparcelación. E tivémola que facer nós agora para que se puidese rematar esta obra. Cando as cousas non se fan ben pasa o que pasa e despois temos que arreglalas outros, tiñan moita presa por sacar adiante esta unidade de actuación de Torrentes e fixeron as cousas moi mal e non é que o digamos nós, díxoo unha sentenza do xulgado”.
Rúa Eijo Garay
A tenente de alcalde de Burela considera que “tamén fixeron as cousas mal ou máis ben non as fixeron cando se trata de falar das obras de mellora da rúa Eijo Garay, que tiñan unha subvención de casi 200.000 euros da Xunta e que o PP perdeu porque non fixo a tempo as obras e despois eses cartos tivémolos que pagar todos os veciños de Burela. O que non conta o PP é que daquela presentou un recurso contra a Xunta por este tema e perdéuno, a xustiza deulle a razón á Xunta en contra do Concello e da irresponsabilidade do PP daquela gobernando en Burela que non fixo os deberes con xeito”. Neves Cando seguiu a relatar “e din que a culpa foi miña, eu a isto contestaría coa seguinte reflexión, o PP de Burela visita moito a Xunta últimamente para interesarse, di, por cuestións do noso pobo e o resultado é o seguinte: trabas da Xunta ao noso PXOM, Burela pasa a ser unha vila de segunda división nas Directrices de Ordenación do Territorio da Xunta e Burela queda coartada de expansión urbanística no Plan de Ordenación do Litoral. E eu pregúntome si estes tres exemplos son escuras e partidistas manobras do señor González Barcia, sempre pendente de perxudicar ao goberno municipal aínda que tamén perxudique aos veciños e veciñas de Burela, ou como di o refrán pensa o ladrón que todos son da súa mesma condición”.
Subvención para festas populares
A concelleira de Cultura referíuse tamén á renuncia a unha subvención para festas populares, algo ao que aludía o PP nas últimas horas. Cando pídelle ao señor González Barcia que “antes de falar de algo que se informe ben, porque o que di demostra que non se entera de nada, porque renunciamos a esa subvención da Xunta porque xa conseguíramos o financiamento por outro lado e ao 100% e era incompatible esta segunda subvención coa da Xunta e porque di que se podería ter pedido para a festa do bonito ou para a romería do Monte Castelo. E iso señor González Barcia é mentira, lea vostede os papeis, segundo a convocatoria que fixo a Xunta para estas subvencións de festas populares ou eventos de interese turístico só se podía solicitar si os Concellos eran as únicas entidades organizadoras e nós, por se non o sabe o señor Barcia, non somos os organizadores da festa do bonito senón que é a asociación Ledicia nin da romería do Monte Castelo, que ten outra asociación que é a organizadora e por iso non puidemos solicitar esa subvención. Señores do PP de Burela entérense do que falan antes de facelo porque senón están a demostrar a súa ignorancia ou a súa condición de mentirosos”.


























Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que serán os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.



