18 de Marzo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde de Foz explica que o Estado aumenta en en 200 mil euros a achega que fai ao Concello no 2011

22-02-11

Nota de prensa

O Alcalde do Concello de Foz, José Mª  García Rivera, manifesta que o goberno do Estado e o seu Presidente, D. José Luis Rodríguez Zapatero,  foron nestas épocas difíciles quenes se preocuparon dos Concellos, primeiro elaborando un proxecto de Plan E, que inxectou aos Concellos economía suficiente para contratar obras e segundo porque non soamente se fixo un Plan E, sinón que se fixeron dous Plan E e para todos os Concellos, o Partido Popular protestaba polos Plans E, pero os Concellos gobernados polo P.P. ven que se aproveitaron de ditos Plans.

O Partido Popular no noso Concello puxo o grito no ceo porque o Goberno do Estado  manifestou que todos os Concellos que habían recibido demáis no concepto de Participación nos Tributos do Estado, terían que devolver unha vez feita a liquidación o que lles correspondía, algo normal debido a que o Estado entregaba a conta, e feito o resumo final tocaba devolver.

Pois ben, o Goberno do Estado non soamente apoiou aos Concellos no Plan E, senón que nos Tributos do Estado a recibir polo Concello de Foz no ano 2011 existe unha suba anual de máis de 200.000 € para o noso Concello, evidentemente que o Concello terá que devolver o recibido demáis por parte do Estado en entregas de 3.212,32 € mensuais, ata acadar a cifra que lle corresponde amortizar.

O Alcalde maniféstase satisfeito porque unha vez máis o comportamento do Goberno do Estado con este Concello é  correcto, e en ningún momento nos deixou na estacada, polo que algúns debían de tomar nota e aplicarse o conto de cómo se actuou neste caso.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive