22 de Maio de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de FOZ pide explicacións ao PP sobre “o trato desigual no tema da residencia “

17-02-11

Nota de prensa

O BNG de Foz pide explicacións ao PP sobre o trato desigual no tema da Residencia

Basanta afirma que “aínda non oímos da Xunta unha explicación de porque se necesita para Foz un estudo que non se fixo no resto de concellos”

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Foz a 17 de febreiro de 2011.- O BNG de Foz quere reiterar o seu malestar pola actitude que o PP na Xunta está a ter co noso concello no tema da Residencia e do Centro de Día. Onte mesmo, houbo unha entrevista de representantes do PP local e da Mariña coa Conselleira de Benestar, onde non se avanzou nada respecto do tema.

O BNG de Foz agradécelle ao PP local e ao seu deputado autonómico o esforzo de tanta visita fotoxénica polas dependencias da Xunta, pero cre que estas viaxes son máis unha necesidade súa de aparentar que se fai que realmente de facer. Porque, o único que saíu en limpo desa reunión é que se está facendo o estudo de viabilidade da Residencia e que tardara “meses” (nin sequera cunha data). Pois para eso non fai falta desprazarse a Santiago e perder o tempo desa maneira. Sen embargo, o que a maioría dos veciños de Foz si quixeramos saber e aínda ninguén respondeu é porque para Foz fai falta un estudo que para o resto dos concellos da Mariña onde se van a implantar os mesmos servizos non se precisou? Porque sendo así, estamos falando de algo moi grave.

O PP local tería que explicar tamén porque aprobou en Pleno en maio do 2009, conxuntamente co PSOE e co BNG, unha moción instando á Xunta de Galiza para dotar a Foz dunha Residencia e dun Centro de Día con capacidade para máis de 100 persoas e para que a súa construcción non se demorara máis aló do 2013 e agora -pregándose ás ordes dos seus correlixionarios- está de acordo con retardar estas obras para a próxima lexislatura como pouco, faltando ao compromiso adquirido con todos os focegos na Corporación Municipal.

Para o BNG, o PP está novamente a castigar a Foz sen ningunha xustificación e cometendo un agravio comparativo inaceptable co resto dos concellos da Mariña, exclusivamente por puro partidismo e practicando unha vez máis as políticas caciquís que tanto lles gusta practicar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive