14 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE asegura que o alcalde de Cervo decidiu “alternar” a iluminación no concello, creando situacións de risco

16-02-11

Nota de prensa

FLASHES PARA O ALCALDE E VELAS  PARA OS VECIÑOS DE CERVO
CERVO SÚMASE AOS APAGÓNS A DIARIO, DEIXANDO AOS VECIÑOS A DÚAS VELAS
O ALCALDE DECIDEU “ALTERNAR” A ILUMINACIÓN NO CONCELLO, CREANDO SITUACIÓNS DE RISCO EN ZOAS TRANSITABLES DE PASEOS, RÚAS E PARQUES

CERVO, 16 DE FEBREIRO. A falsa austeridade e a política do despilfarro que levan practicando os populares durante os últimos anos, están a pasar factura aos veciños de Cervo, que sofren a diario a falla de iluminación nas rúas, paseos e parques, provocando situacións de risco por caídas e tropiezos, especialmente entre a xente de maior idade.

Non é moi entendible nin razoable que por unha banda o concello de Cervo invirta mias de 400.000 € do Plan E na adquisición de lámpadas de baixo consumo para eficiencia enerxética e despois a política real de aforro sexa encender e apagar por tramos. As queixas mais recurrentes proceden dos veciños das rúas Rosalía de Castro, Aduana, Avda da Mariña e as zoas próximas ao parque Reina Sofía, cuios farois custaron case 3.000 € e que mais ben serven de “atrezzo” posto que a maior parte deles permanecen apagados durante todo o ano, a pesar de que os paseos son os mais transitados polos veciños.

Flashes para o alcalde e velas para os veciños

Dada a nefasta situación económica que atraviesa o concello, parécenos unha burla que en lugar de destinar cartos a asegurar a iluminación e polo tanto a  seguridade nas rúas, o concello haxa decidido recortar na factura eléctrica e incrementar de forma paralela os gastos en publicidade e propaganda, chegando incluso a pagar 1.700 € a unha persoa para facer de gabinete de comunicación, que dadas as circunstancias, pode esperar.

Parece que o alcalde está mais preocupado en que os flashes iluminen ben o seu rostro en lugar de iluminar a vida dos veciños, que tamén sofren as consecuencias aparelladas a falla de iluminación coma é a nefasta señalización vertical e horizontal das rúas e carreteras da súa competencia que provocan con frecuencia accidentes e confusión na circulación dentro do municipio.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive