Carta aberta aos veciños de Mondoñedo
Teño 1.317 razóns para darlles as grazas ás veciñas e veciños de Mondoñedo que co seu apoio directo fixeron posible que a candidatura do Partido Popular fora a forza política máis votada, a tan só un puñado de votos da maioría absoluta. Esta enorme demostración de confianza que 1.317 mindonienses depositaron no proxecto político que encabezo foi tamén, o reflexo dun pobo que aspiraba a un cambio a mellor, un cambio de persoas, de ideas, de proxectos, de capacidades.
Moitos son os que non se resignan a catro anos do mesmo. A outra lexislatura de parón, de frenazo, de perda de protagonismo no contexto comarcal. Non se conforman con ter un Equipo de Goberno municipal caracterizado pola falta de ambición polo futuro, pola falla de ánimo, polas escusas permanentes para non facer as cousas, por chorar ante a insuficiencia de fondos en vez de ir porta por porta das administracións para acadar novos investimentos e servizos. Somos a forza política máis votada por decisión de todos eses veciños e estamos en condicións de asumir a responsabilidade de goberno mellor que ninguén.
Desde a xenerosidade, pero tamén desde a responsabilidade de quen é plenamente consciente da situación de crise global que estamos a sufrir, propuxemos o que quixen denominar como pacto polo futuro de Mondoñedo. Non era outra cousa que un chamamento a unión, desde o respecto absoluto á vontade do votante. Así o explicamos a asociacións e colectivos locais. A idea era clara: a lista máis votada asumiría a alcaldía e daríamos cabida aos edís do BNG e do PSOE na comisión de goberno ou incluso asumirían algunha concellaría que se pactara. Os socialistas nin tan sequera quixeron escoitalo. O BNG escoitou pero non parece ter vontade de asumir o resultado das furnas. Eles propoñen un pacto de perdedores contra o PP, esquecendo que o máis importante é un pacto por e para os veciños deste concello.
Nós estamos en disposición de sacar a Mondoñedo adiante. Temos o apoio do PP que goberna a Xunta –por aquí pasaron practicamente todos os conselleiros, os mesmos aos que o alcalde evitou unha e outra vez-. Un compromiso desta envergadura, polo ben de Mondoñedo non debería toparse con intereses partidistas e personalistas, daqueles que non queren perder a súa dedicación exclusiva e que para elo incluso están dispostos a reeditar pactos que xa teñen fracasado, como se demostrou co resultado das furnas, coa perda de votos, entre os dous caeron máis de 340 apoios. Temos moi claro, que podemos facelo, reducindo incluso en número e en custe as dedicacións exclusivas, os gastos de goberno, pois as prioridades son outras, son os veciños. Desde o exercicio da labor de oposición ou desde o goberno, pois os conceptos e compromisos son ben distintos, seguiremos traballando para cumprir con ese caudal de confianza, traballando polo futuro de Mondoñedo.
Elena Candia
Candidata do PP á alcaldía de Mondoñedo

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



