Lugo, 20 de xuño de 2013. O salón de actos da Deputación de Lugo acolleu este xoves 20 de xuño a proxección do documental “A Chocolateira”, unha peza audiovisual realizada por Xosé Reigosa que versa sobre o único ferrocarril mineiro que existiu en Galiza, construído para transportar o carbón que se extraía das minas de Villaodrid (actualmente A Pontenova), e levalo a Ribadeo, onde era cargado en barcos que o trasladaban a diversos lugares de Europa.
O delegado de Cultura e Turismo da institución provincial, o nacionalista Mario Outeiro, que asistiu á proxección, explicou que “este documental é un proxecto que, comezando na boca da mina, fai un percorrido ao longo da vía entrevistando a 22 persoas que contan as súas experiencias en torno ao tren, ata chegar ao cargadeiro de Ribadeo”.
A Chocolateira, como popularmente se coñece este tren, entrou en funcionamento en abril de 1903 como transporte de mineral, e no ano 1905 habilítase tamén para viaxeiros e mercadorías, facendo de vía de comunicación ao longo de 34 quilómetros, catro estacións, dous apeadeiros, cinco pontes, e trece túneles, dos que a día de hoxe, practicamente, só quedan vestixios, nunha zona na que o único medio de transporte era o cabalo, o carro ou a barca polo río Eo, xa que a estrada Lugo-Vegadeo non se inauguraría ata 1922.
Neste senso, Outeiro afirmou que “con esta proxección preténdese destacar sobre todo o aspecto humano e influencia na vida social e económica da zona que tivo este ferrocarril. A Chocolateira foi todo un revulsivo para a industria local, posto que serviu como medio de transporte de persoas, madeira, carbón e animais, entre outros, e xerou medio cento de empregos. En definitiva, supuxo unha fonte de riqueza moi importante para a comarca na súa época”.
A explotación mineira deixou de funcionar no ano 1932 pero o ferrocarril continuou activo, chegando a haber ata cinco trens ao día, ata 1964, ano a partir do cal se comeza a desmantelar a vía, as máquinas e demais infraestruturas coma os fornos de Bousollo, que dos dous que había só queda un en pé, ou o túnel do Fornacho, totalmente destruído.
“Algunhas desas construcións consérvanse, como é o caso do Cargadeiro de mineral en Ribadeo, que anos despois do feche ferroviario se restaurou e hoxe en día é un reclamo turístico máis da vila mariñá, a Estación de Villaodrid, convertida na oficina de turismo de A Pontenova, ou a Ponte Rego da Viña, que pasa pola Nacional 642 á altura do quilómetro 5. Un conxunto de enclaves que a día de hoxe recordan a existencia e o paso do ferrocarril A Chocolateira entre A Pontenova e Ribadeo e configuran unha parte esencial do Patrimonio Histórico da comarca”, concluíu o delegado.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



