Malia ter unha fin de semana máis propia de outubro que de xuño, centos de persoas puxeron os impermeables e achegáronse á costa para limpar os areais de Galiza. Nin a chuvia nin o frío freou a máis de 500 persoas que quixeron facer unha chamada de atención sobre o plástico nos mares. Dende a mañá ata a tardiña as limpezas fóronse desenvolvendo por todo o litoral galego. Houbo centros de ensino, escolas de surf, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, asociacións de mulleres rurais e até mergulladores. Todas e todos tiñan o mesmo fin: limpar a praia e crear conciencia.
Recolléronse máis de 4.000 kg de lixo, a maioría de orixe plástico. Cordas de todo tipo, aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e ata petróleo do Prestige que aínda aparece polas nosas costas aterrado baixo a area. Alén das limpezas, nalgúns lugares a xornada tamén serviu para dar a coñecer a importancia e biodiversidade dos areais e dos ecosistemas dunares: fixéronse tarefas de identificación de cetáceos varados ou clases de educación ambiental para os alumnos de algún instituto. Aínda que se buscou na maioría das praias onde adoita estar, este ano non observamos niños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), ave ameazada que pon os seus ovos na area. A todos/as, moitas grazas polo voso compromiso co ambiente! Podes ver as fotos enviadas polos participantes e o mapa das limpezas.
A maioría das cousas que usamos ou consumimos están feitas con algún material plástico, un material feito para durar sempre pero que utilizamos durante un periodo de tempo limitado, moitas veces ínfimo. A mentalidade do usar e tirar é relativamente recente, se o pensamos ben, non fai moito os recipientes da maioría dos produtos eran reutilizables (vidro, aluminio…) e duraban moito máis. Actualemnte recupérase só un 5% do plástico producido mundialmente (225 millóns de toneladas anuais). Un 50% remata en vertedoiros ou incinerado, e unha grande parte “desaparece” no medio, moitas veces nos océanos.
A contaminación por plástico é un grave problema que afecta aos ecosistemas mariños. Estes residuos causan a morte de máis dun millón de aves mariñas, e de 100.000 mamíferos mariños e tartarugas cada ano. Estes animais confunden o plástico (tapóns, bolsas, etc.) con alimento e acaban morrendo de inanición cos estómagos cheos de lixo. Outros acaban enredados nestes residuos e morren igualmente.
O plástico nunca desaparece, acaba convertíndose en pequenos anacos chamados microplástico ou “plancto plástico”. Estas partículas atraen substancias como DDT, PCB ou outros pesticidas daniños para a saúde, incrementando os seus niveis e polo tanto a súa perigosidade. É por iso que os pequenos plásticos no océano non son inocuos. Estas substancias altamente canceríxenas acaban pasando a cadea trófica en peixes que viven libres nos océanos, e que rematan nos nosos pratos, afectando directamente á nosa saúde.
ADEGA quere subliñar que as limpezas de praias no día dos océanos non debe ser un feito illado, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida. As limpezas de praias deben facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. O obxectivo principal deste tipo de actuacións é crear conciencia e alertar da cantidade de plástico que producimos e tiramos, e as consecuencias que isto ten.
ADEGA editou para esta actividade un protocolo de actuación para unha limpeza de praias “ecolóxica” descargable en pdf ou que se pode recoller en papel no local nacional. ADEGA agradece enormemente a participación de todas as persoas que participaron nas limpezas. Moitas grazas e morte ao plástico!!!
Concello |
Colectivo |
Praia |
Nº voluntarios |
Kg de lixo |
|
|
1 |
Baiona |
Concello de Baiona |
Barbeira, Concheira, Frades e Ribeira |
21 |
400 |
|
2 |
Barreiros |
North Shore Clube de surf |
Barreiros |
23 |
400 |
|
3 |
Burela |
IES Perdouro |
Perdouro |
30 |
150 |
|
4 |
Carnota |
Raínha Lupa, Plataf. Para a defensa do Patrimonio de Quilmas e ADEGA-Costa da Morte |
Corna Becerra |
8 |
200 |
|
5 |
Fene |
Aspaneps |
Praia de San Valentín (500m) |
20 |
adiada |
|
6 |
Ferrol |
ADEGA Ferrolterra; Surfrider Foundation |
Doniños |
16 |
500 |
|
7 |
Fisterra |
IES Fin do Camiño |
Praia de Fistera |
80 |
200 |
|
8 |
Fisterra |
Voluntariado e veciñanza |
Praia de Talón |
2 |
200 |
|
9 |
Laxe |
IES Baio-Zas |
Traba (Laxe) |
35 |
400 |
|
10 |
Muxía |
Programa de voluntariado do concello de Muxía |
Praia de Nemiña |
10 |
500 |
|
11 |
Nigrán |
Prado Surf Escola |
Praia de Patos |
24 |
50 |
|
12 |
O Grove |
Riders Surf School |
A Lanzada |
– |
adiada |
|
13 |
O Grove |
IES As Bizocas |
Areal da Cruz |
35 |
100 |
|
14 |
Oleiros |
OMA-UDC |
Bastiagueriño |
10 |
150 |
|
15 |
Paderne |
GN Hábitat |
Praia da Abeleira |
6 |
250 |
|
16 |
Poio |
PLATAFORMA VECIÑAL DE SAMIEIRA |
areal do Laño |
25 |
50 |
|
17 |
Porto do Son |
ADEGA Nacional |
Queiruga |
5 |
350 |
|
18 |
Sada |
ADEGA Coruña e Plataforma pola defensa da ría de Sada |
Praia de Morazón |
20 |
60 |
|
19 |
Valdoviños |
CPI Atios |
A Frouxeira |
60 |
adiada |
|
20 |
Vigo |
Buceo Balea e CEMMA |
Marina Dávila |
25 |
100 |
|
21 |
Vigo |
Voces polo litoral de teis |
A Lagoa |
18 |
200 |
|
22 |
Vilanova de Arousa |
IES A BASELLA |
Terrón |
50 |
70 |
|
23 |
Viveiro |
Van Surf School e A Estruga |
Praia Viveiro |
10 |
50 |
|
|
|
|
|
533 |
4380 |





















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.



