15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A escritora mariñá Marisol Moreda reclama a sensibilización das administracións e os medios de comunicación coas enfermidades raras

15-05-15

marisol-moredaRibadeo, 15 de maio de 2015. A mariñá Marisol Moreda presentou esta semana en Murcia e en Caravaca de l Cruz a súa nova novela Un largo camino de rosas blancas. Coa venda do libro a escritora recadará fondos para destinar á investigación de enfermidades raras e á discapacidade.

Marisol Moreda subliña que “neste país hai 3 millóns de españois que sofren enfermidades raras e que precisan da sensibilización das administracións, da sociedade e dos medios de comunicación. O Ministerio de Sanidade debe ser consciente da importancia que a súa implicación e a súa axuda ten para estas persoas, para as que as sofren calquera tipo de discapacidade e para as súas familias”.

A escritora mariñá sinala que “por exemplo un neno, que nace con deformación craneal, precisará audífonos polos que os seus pais teñen que pagar ata 14.000 euros, como unha familia dunha clase media pode asumir este gasto? Sóbrannos cargos políticos e necesítase máis axuda para a investigación e o tratamento das enfermidades raras e tamén para a discapacidade. Estamos moi cansados de tanto cargo político, con tanto gasto é imposible que se atendan todas as necesidades destas persoas”.

Marisol Moreda, presidenta de honra da ONG Otro mundo es posible, estivo acompañada na Comunidade de Murcia por Juan Carrión, presidente da Federación Española de Enfermidades Raras.

Toledo e Madrid tamén acollerán senllas presentacións nas próximas semanas do libro Un longo camiño de rosas. En Foz haberá un acto o 3 de agosto na Casa da Cultura e o 5 de agosto en Ribadeo (Lugo). Posteriormente Marisol Moreda asinará exemplares do seu libro en Sevilla, Vigo, Valencia e outras cidades, así coma no Corte Inglés.

Con este libro Marisol Moreda recadará fondos para axudar á investigación de enfermidades raras e discapacidades. Non fai moito foi nomeada Presidenta de Honra de Otro Mundo es Posible (www.ong-otromundoesposible.org), membro de FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras). O importe recadado farase público así como o destino dos fondos, sexan asociacións con poucos recursos e leste mesmo obxectivo ou familias concretas con problemas de discapacidade que acrediten a mesma.

Un largo camino de rosas blancas, é a historia dunha orfa nada na posguerra, que transcorre ata os nosos días. Sucesos ocorridos durante case 80 anos, onde algúns poderán verse reflectidos en maior ou menor medida. Unha novela escrita nun momento de crise onde convén recordar os esforzos pasados e os que teremos que seguir realizando. E é que a existencia ás veces, é difícil, ou moi difícil dependendo das circunstancias. Unha muller valente e pouco convencional. Unha historia de superación e de reflexión onde todo ten a súa por que.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive