Ribadeo, 1 de xullo de 2025. Desembarco, exposicións, proxeccións, charlas, concertos ou xincana son algunhas das actividades para todos os públicos das que poderán gozar todos os que se acheguen ao Ribadeo Indiano do 11 ao 13 de xullo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjunto, dixo que “o evento histórico cultural Ribadeo Indiano chega con moitas actividades. Despois de gozar das antevésperas e das vésperas temos diante un completo programa de tres días para a décima edición”.
A edil subliñou que “o protagonista é Ramón González, no centenario do seu pasamento, e del falará no pregón Martín Vizoso Fernández o venres ás 19:00 horas. Aumentaremos coñecementos na presentación do libro de Celia Castro: Ramón González e Corona González: un matrimonio de filántropos, o sábado ás 11:30 horas no Teatro. O domingo neste mesmo lugar e de novo ás 11:30 podemos ver o documental A pegada do Indiano: Ramón González, o fillo de dous concellos”.
Sanjurjo seguiu a relatar que “a música é una constante nos tres días de Indiano, músicas de aquí e de alén mar. Comezaremos escoitando ó Coro Sagrado Corazón que unirá as dúas terras de Ramón González, Galicia e Arxentina. O venres, despois do desembarco, que nos traerá o grupo de teatro afeccionado. Son Boleros encherá de música o porto de Porcillán, A Tropical Eonaviega fará o propio nas catro rúas e no Campo de San Francisco, Son de Camagüey, faranos bailar na verbena. O sábado pola mañá a Banda Municipal de Ribadeo ás 12:30 horas e Toxo Guayaba ás 14:00 horas darán concertos en San Roque, os mariachis Sol de Galicia recibirán ós haigas e Los Guajiros amenizarán as rúas. Non podemos esquecer as habaneras chegadas de Cuba, por iso ás 20:30 horas xuntarémonos para escoitar ás corais Santo Ángel de A Coruña, San Agustín de Guadalíx e a anfitriona Coral Polifónica de Ribadeo. Remataremos o día coa Verbena tradicional con Fiandola e Cuarto de Tula. O domingo segue a música: Alborada con Follas Novas, sesión vermú con Trío El Dorado, e pola tarde Son Caliente na Devesa. O fin de festa poñerao o grupo cubano Los Van Van. Orquestra fundada en 1969 cun estilo irónico e costumista. Sabemos que imos gozar moito con esta actuación”.
A concelleira de Cultura explicou que “non acaba aquí a programación cultural. Temos exposicións como Nós tamén fomos emigrantes, na oficina de turismo e Fotocollage de Ricardo Miguel Hernández Acevedo na casa do Viejo Pancho. E tamén paseos culturais con Suso Martínez. Outras actividades máis festivas poden ser a xincana (a inscrición para participar xa está aberta desde hoxe), os obradoiros de baile con Rosalía GT, os xogos infantís e as competicións de petanca, billarda ou dominó, así como o xantar campestre. E este ano como novidade tamén temos o circo indiano. Quero agradecer ó obradoiro a decoración do Teatro e non olvidedes visitar as casas de comidas e bebidas onde conseguiredes rifas para a viaxe a México”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “nesta vila estamos todos xa en modo Ribadeo Indiano. Nuns días dará comezo a instalación da decoración, que tinguirá de branco as rúas e prazas. As hortensias e as palmeiras trasladárannos de cheo a finais do século XIX ou principios do XX. As casas de comidas e de bebidas ofrecerán pratos especiais e combinados de ultramar. Os comercios lucirán as súas mellores galas. Nas rúas peonís volveremos gozar de preciosos photocall nos que poderemos facer unha foto para ter como lembranza desta décima edición do Ribadeo Indiano”.
E engadiu: “Ribadeo prepárase para vivir de cheo este evento histórico cultural. A vila recibirá a milleiros de persoas, o que terá un impacto económico moi importante na nosa economía. Moitos hoteis e aloxamentos levan semanas co cartel de completo colgado e moitas casas de comidas xa non collen reservas desde hai meses. Todos, comercio e hostalería, están preparados para ofrecer a súa mellor versión. Agardamos que todos gocemos ao máximo do Ribadeo Indiano 2025 e que sexa, de novo, un éxito. Hai actividades para todos os públicos en cada recuncho desta vila”.
Begoña Sanjurjo declarou: “cando isto remate comezaremos a preparar a edición do 2026. Vémonos caracterizados no Ribadeo Indiano. Esperámosvos”.






















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


