08 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Deputación aposta pola música alternativa co apoio ao Festival Osa do Mar de Burela

18-08-16

pres-osamarA Deputación aposta pola música alternativa, apoiando ao Festival Osa do Mar que se celebra dende este xoves e ata o sábado no Concello de Burela. Así o comunicou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, que explicou que o organismo provincial achega 3.000 euros para financiar parte das actividades que terán lugar durante a fin de semana en Burela. Esta terceira edición Osa do Mar 2016, organizado pola Asociación Cultural Fanto Fantini, conta cun cartel composto por máis de 20 bandas nacionais de música independente e alternativa de primeiro nivel.

Rivera Capón puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas que nacen de asociación locais e que contribúen a promover de xeito significativo o turismo na Comarca da Mariña, ao mesmo tempo que se ofrecen, durante a época estival, actividades lúdico-culturais alternativas de primeiro nivel.

Ademais da música, durante a fin de semana ofreceranse actividades deportivas, como o campionato de BMX, Skate e Longboard; e outras culturais, con talleres e xogos para nenos e nenas. Tamén haberá actividades no mar, exposición de motos e coches antigos e ata grafitis.

Programación
A programación comeza este xoves cos grupos Terror Erótico Adolescente, Oh! Ayatollah, Onnlbn DJ Set. Para o venres esta previsto que actúen Mujeres, Bala, Cuello, Agoraphobia, Onnlbn, Bravo Fisher!. O último día actuarán, Nave Nodriza, Fogbound, White Bats, Electric Feels, Pega Monstro, Malandrómeda, Biznaga, Familia Caamagno, Guerrera, C. Tangana, Joe Crepúsculo.

Para ver os concertos están habilitados diferentes escenarios ao longo da vila; escenario Nordés, Osa do Mar e Traste, situados ao longo do paseo marítimo e na Marosa; onde se ubicara o escenario principal.

Entradas
As entradas anticipadas custan 15 euros e 18 euros en taquilla, e poden adquirirse en www.osadomar.com. No prezo inclúense diferentes servizos, como transporte Burela – Campus Festival, campamento libre con duchas e baños, sala de cea, exposicións e ata ofertas especiais en hoteis colaboradores.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive