23 de Xullo de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os 24 equipos que participan na proba de aventura Raid Gallaecia, sairán este domingo de Muras

11-05-19

 Lugo, 11 de maio de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto coa alcaldesa de Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, o Alcalde de Castropol, José Ángel Pérez García, e o organizador da proba, Pablo López Franco, presentaron aos equipos que participarán no Raid Gallaecia, que dará comezo este domingo en Muras.

Campos Conde destacou: “volvemos poñer a Mariña no centro do panorama deportivo cunha proba de deporte extremo, unha das máis duras do mundo, na que os participantes, aos que quero darlles todos os meus azos, enfróntanse a entre 3 e 5 días de competición”.

“Quero poñer en valor a vosa forza e determinación, pero ademais destacar a fundamental importancia do traballo en equipo para os deportes de aventura. Estamos orgullosos de apoiar un deporte que fomenta dinámicas de colaboración e constrúe lazos de amizade que dificilmente se romperán” díxolles o Presidente aos participantes.

Trátase dunha carreira de aventuras por equipos mixtos, ou por parellas que une trekking, MTB, kayak, rappel, espeleoloxía e orientación cun total de entre 74 e 120 horas totais de competición. O percorrido transcorrera polos 16 concellos da Mariña así como por Muras e o municipio asturiano de Castropol, sendo Viveiro centro neurálxico e punto de meta. Unha singular proba de preto de 500 quilómetros, en formato “non stop”, isto é sen parar de día nin de noite, na que participan equipos de toda España ademais doutros procedentes de Francia, Polonia, Suecia, Holanda, Estonia ou Uruguai.

Paralelamente á proba organízanse outras actividades na comarca, coincidindo cos puntos de paso da carreira. Comezaron, este sábado, cunha xuntanza de Caravanas, un concerto, xogos infantís e senderismo na parroquia de Viveiró, Muras.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive