Burela, 8 de xuño de 2019. O portavoz en funcións do BNG Mario Pillado afirmou que Burela está sen pavillón polo pasotismo do Sr. Llano que botou catro anos anunciando novas instalacións deportivas sen que chegase sequera a iniciar as xestións oportunas. “O Sr. Llano foi incapaz de cumprir os acordos acadados por unanimidade do pleno, a instancias dunha moción presentada polo BNG, polos que o Concello se comprometía a redactar o proxecto construtivo e adquirir os terreos para o novo pavillón. Agora di que vai reformar Vista Alegre e que xa tiña o visto bo da LNFS e resulta que temos que saber polos medios que o Burela FS masculino terá que xogar en Viveiro os encontros televisados. É unha falta total de respecto hacia a afección e hacia o conxunto dos veciños e veciñas de Burela”, engadiu Pillado.
Desde a formación nacionalista adiantan que non van ser apéndice de ninguén no futuro goberno e que se deben ás persoas que apostaron polo BNG en Burela.
O portavoz nacionalista lémbralle ao Sr. Llano que aínda que o PSOE acadou a maioría nas pasadas eleccións, os veciños e veciñas lle deron un pequeno tirón de orellas e deixaron claro que non queren unha nova maioría absoluta do PSOE durante os próximos catro anos en Burela. “Burela falou claro o pasado 26 de maio e outorgou ao BNG unha maior representación no Concello, pasando de dous a tres concelleiros en detrimento do PSOE, co que iso significa. Os veciños quixeron que o BNG pasase de ser oposición a situalo con opcións de asumir responsabilidades no futuro goberno municipal”, salientou Pillado.
A perda dun concelleiro e da conseguinte maioría absoluta por parte do PSOE, obriga ao futuro goberno a buscar o consenso e acordos para gobernar. Nese sentido, desde o BNG adiantaron que non van dar un cheque en branco ao PSOE se opta por gobernar en solitario. “Nós debémonos ao interese xeral de Burela e aos nosos votantes e nese sentido imos pór enriba da mesa unha serie de asuntos prioritarios para os próximos catro anos, entre eles tamén a construción do novo pavillón polideportivo. Consideramos que no pasado mandato quedaron moitas cousas por facer e iso non se pode voltar repetir”, indicaron desde a formación nacionalista.





















Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.



