14 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Viveiro esixe responsabilidade e entendemento en prol da veciñanza para executar as inversións do Convenio para a saneamento da Ría

30-06-19

 Viveiro 30-6-19. O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro amósase sorprendido pola “disputa de patio de colexio e facemos un chamamento á responsabilidade e entendemento” entre a alcaldesa María Loureiro e a Xunta de Galiza, xerado “pola incapacidade de garantir o saneamento e a calidade das augas, unha encomenda básica de todos os gobernos, xa que afecta á sanidade, medioambiente e á economía. Xa está ben de pasar a pelota entre o PSOE e o PP, esiximos que se poñan a traballar que é o que demanda a veciñanza”. Sinala ademais que se o diálogo fracasa e “a Xunta tan claro a deixadez de funcións do Goberno de Viveiro ou o Goberno de Viveiro ten claro o entorpecemento intencionado da Xunta, que o denuncien ante a Fiscalía” indica Miriam Bermúdez, portavoz do BNG de Viveiro.

O responsable en infraestruturas dos nacionalista de Viveiro, Seve Salgueiro, entende que “xa non existen excusas posibles nunha demora que vai polos 3 anos, é un fracaso de xestión ou, máis grave, falta de interese. Cremos que os asinantes do Convenio en 2016, isto é, Augas de Galiza e Concello de Viveiro, deben facer unha comparecencia pública e conxunta no que expliquen o estado de execución deste Convenio”. Lembramos ademais que o primeiro anuncio dunha inversión da Xunta de 7 millóns de euros data de 2010, cantidade incluída no Plan FEDER 2014-2020, e que foi reducida a 3 millóns en 2016. Levamos 9 anos escoitando a Feijoo ou os seus portavoces lanzar bombas de fume cada vez que se aproximan unhas eleccións, e desta volta non vai ser menos. O Goberno da Xunta carece de credibilidade e despreza aos 30 colectivos asinantes do “Manifesto pola rexeneración da Ría de Viveiro” ignorándoos sen darlle resposta.

No BNG levamos anos facendo traballo na oposición de maneira responsable e construtiva nesta materia, forzando a comparecencia do Director de Augas de Galiza, levando o asunto ao Parlamento Europeo e implicando ao movemento veciñal; ademais formulamos varias peticións ao Goberno Local dos que nunca obtivemos resposta: “É unha tomadura de pelo que agora María Loureiro publique nos medios que pon os expedietes municipais a disposición de quen o solicite, algo que levamos agardando desde xuño de 2017. Esperemos que esta non sexa a celeridade da que presume a alcaldesa” remata Seve Salgueiro.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive