Son xa demasiados os síntomas e as realidades que fan ver que a política industrial e de grandes empresas de produción está esgotada en Galicia. Os casos de Alcoa, Ferroatlántica, Navantia, Vulcano, os problemas de ENCE… son a mostra evidente da falta de planificación e da falta de estratexia do goberno galego. Tampouco o canto de serea da aeronáutica e da novas tecnoloxías é quen de despegar no noso País, cando menos non son hoxe un nicho de emprego nin de proxección internacional. Un factor importante é que no goberno da Xunta non temos xestores, temos administradores, tema que é ben distinto. O Presidente Feijoo, non foi quen de atraer inversión máis aló do hoxe xa coñecido “timo” de PEMEX.
O mapa industrial de Galicia está esgotado e tamén e antigo, e polo visto no exposto por Feijoo, no seu programa de auto bombo “Galicia 2030” dende o aparato da Xunta, so podemos aspirar a ser referentes no 4º sector, pero non por estratexia senón por imperativo vital, xa que imos a unha poboación avellentada e baixa natalidade. Non entende o PP de Galicia que un bo tecido industrial é tamén unha garantía contra a despoboación?
Pero ese novo plan non pode ser a calquera prezo, ten que ser un Green New Deal, que teña en conta a capacidade ecolóxica de Galicia e a protección do noso medio natural, como valor mesmo. Galicia pode e debe no prazo de 10 anos ser un referente na descarbonización e na aplicación de políticas industriais en ese senso. A recuperación da mina das Pontes é un exemplo, pero cómpre seguir. É precisa porén unha política propia moi diferente a do Estado, xa que a nosa singularidade é moita, e os problemas tamén son propios, a nosa economía industrial non pode estar en Madrid.
Construíndo unha Galicia referente en: empresa verde, potenciando os sectores ecolóxicos en gandeira e agricultura, sustentable, unha pesca eficiente e con sistemas respectuosos, aumentar no nicho de traballo en accións de nova economía verde e sustentábel que absorba o traballo das vellas factorías en producións lóxicas co entorno. Potenciar o traballo das universidades en investigación en ese senso, é unha sinatura pendente, podemos coller o tren da loita contra o CO2 ou mirar como o colle Portugal.
No próximo 2020 temos eleccións en Galicia, observade quen aposta por futuro ou quen defende máis do mesmo. En 2020 comeza este partido, Galicia ten que xogalo, os galeguista temos que estar.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



