09 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O bonito de Burela, o lacón galego e os pementos de Mougán protagonizan as Exaltacións Gastronómicas de xullo

15-07-19

 Burela 15-7-19. O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, e o deputado de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal, acompañados do alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense, Alfredo Llano, presentaron esta mañá no barco-museo boniteiro Reina del Carmen, de Burela, a seguinte xornada das Exaltacións Gastronómicas.
Durante o acto Real apuntou que “o obxectivo é que tanto visitantes como residentes teñan a oportunidade de gozar da nosa boa materia prima, elaborada e servida polos nosos excelentes profesionais”.
Pola súa parte, Vidal destacou que “a campaña Exaltacións Gastronómicas ten como obxectivo fomentar o turismo gastronómico na provincia, cada vez máis en alza. Con esta iniciativa poñemos ademais en valor a excelente calidade da gastronomía lucense a través da degustación de produtos acreditados cos selos de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), de Denominación de Orixe (DOP), e de Raza Autóctona con selo de calidade que teñan representación na provincia.”
A iniciativa, coa que cada mes ata novembro teñen lugar unhas xornadas dedicadas a diferentes produtos da provincia, ten o apoio de diferentes entidades gastronómicas como Afapan, o Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, a DOP Queixo Tetilla, a IXP Mel de Galicia, Avimós, a IXP Castaña de Galicia, a IXP Ternera Gallega, o CRDOP Queixo do Cebreiro, Asoporcel, a DOP San Simón da Costa, Galletas Daveiga, o CRDO Ribeira Sacra, Armadores de Burela SA, a IXP Faba de Lourenzá, Acruga, a DOP Arzúa-Ulloa, Asovega, a IXP Lacón Gallego, a IXP Pementos de Mougán, a IXP Grelos de Galicia e a IXP Pataca de Galicia.
No acto desta mañá estiveron presentes o xerente de ABSA Bonito e Pescada do Pincho de Burela, Miguel Neira; o presidente de AFAPAN, César Fieiras, e tres hostaleiros dos restaurantes A Lonxa, Cervecería Kiko e Casa Miranda, que amosaron os diferentes xeitos de cociñar o bonito.
PARTICIPANTES
Os 50 establecementos asociados participantes son Val, de Antas de Ulla; O Asador, de Barreiros; A Lonxa, Cervecería Kiko e Casa Miranda, de Burela; Río Lea, de Castro de Rei; Río de Oro, de Cervo; Os Pendellos Pulpería, Daydos e A Faragulla Brasería, de Chantada; Cantábrico e Complejo O Piñeiral, de A Fonsagrada; Casa Damián, O Lar, Xoyma e Hotel Leytón, de Foz; Casa Benigno, de Friol; Casa Gaibor, de Guitiriz; Campos, Casa Paco, Mesón de Alberto, Manuel Manuel, Os Cachivaches, Porta de Santiago, Casa María, O Cincuenta e Seis e Canedo, de Lugo; A Horta de Paula, de Mondoñedo; Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal, de Monforte de Lemos; O Rincón e Parada das Bestas, de Palas de Rei; Rectoral de Castillón, de Pantón; Sabe, do Páramo; Casa García, de Pedrafita do Cebreiro; San Briz, da Pontenova; Parrillada Casa Torres, de Quiroga; O Lar de Manolo, Parador de Ribadeo, El Oviedo e A Mirandilla, de Ribadeo; Ponte Ribeira, de Sarria, e Parador de Vilalba, Montero e Mesón do Campo, de Vilalba.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive