18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Entregados os premios do III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas concello de Ribadeo

23-08-19

 Ribadeo, 23 de agosto de 2019. Este mediodía celebrouse o acto de entrega de premios ás gañadoras do III Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo. Establecéronse tres modalidades: relato curto, poesía e debuxo, cun premio de 500 euros para cada unha delas. Laura Requejo foi a gañadora en debuxo e Carme Rodríguez en poesía, quedando deserta a categoría de relato curto.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, declarou que “para min é un pracer poder entregar este premio. Este certame está pensado para atender a ese sector que normalmente non está tan atendido ao longo do ano, e para darlle oportunidade á mocidade de que siga creando e mostrando a súa arte. Temos con nós hoxe a Laura Requejo López que foi quen levou o premio na categoría de obra plástica, e a Carme Rodríguez Rodríguez que recibiu o premio na categoría de poesía. Quedou deserto o de relato curto. É un premio que consideramos que pode ser digno, pode ser mellor, pero é para animar á mocidade a seguir creando”.
A edil ribadense salientou que “estes traballos non quedan pechados nun caixón senón que lles damos un valor, e intentamos visibilizalos e que saian adiante. De feito utilizamos o debuxo de Laura, que gañou xa no anterior certame, para a axenda cultural e tamén uns versos de Carme, entón non quedan esquecidos estes traballos e paréceme interesante. Quero animar a toda a mocidade a que siga participando neste certame”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive