Mondoñedo, 14 de agosto de 2019.- O Concello de Mondoñedo e a Xunta de Galicia colaboran coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo (ACIAM) na campaña ‘Di non ao plástico’, para fomentar a conciencia social sobre o uso de bolsas de plástico non biodegradables e a necesidade de reducir o seu consumo para “aforrarllas ao medio ambiente”.
A través desta iniciativa, os establecementos asociados á ACIAM repartirán bolsas reutilizables aos seus clientes para deste xeito implicar á sociedade na loita contra hábitos que afectan á natureza e ao medio ambiente, xa que “menos bolsas, significa máis vida”.
Segundo o Real Decreto 29/2018 de 18 de maio sobre a redución do consumo de bolsas de plástico, é obrigatorio cobrar polas bolsas de plástico dende xullo de 2018, dende o 1 de xaneiro de 2020 prohibiranse as bolsas de plástico fragmentado e as de plástico grosas deben conter un 50% de plástico reciclado; e a partir do 2021 non se poderán comercializar bolsas de plástico lixeiras ou moi lixerias, agás aquelas que sexa compostables. “É necesario aportar aos clientes bolsas de outros materiais biodegradables”.
Fomento do comercio local
A campaña tamén procura que se merque nos establecementos locais xa que, tal e como aparece rotulado nas bolsas reutilizables que se repartirán entre os clientes, “comprándolle ao teu veciño, medra o teu pobo”. Baixo este eslogan, convidase a efectuar compras nos negocios do tecido comercial mindoniense para facer dinamizar a actividade económica local.
Así mesmo, esta campaña que se visibiliza con bolsas de distintas cores, identifica aos clientes do comercio local e contribúe a construír unha imaxe de marca de Mondoñedo.
Dous obxectivos nos que implicarse
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia pon en valor esta campaña promovida pola ACIAM coa colaboración do Concello e da Xunta xa que “suma a un dobre propósito, no que todos debemos implicarnos e achegar o noso grao de area, tanto no que se refire ao coidado do noso medio ambiente e da nosa natureza como no relativo á dinamización do noso comercio local”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



