25 de Agosto de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O 24 de agosto celebrarase no parque de San Francisco o Guateque dos anos 60 e 70, que organizan a comisión do entroido, o Concello e Acisa Ribadeo

13-08-19

 Ribadeo, 13 de agosto de 2019. A música e a moda dos anos 60 e 70 encherá de son, de luz e dun ambiente vintage o parque de San Francisco o vindeiro 24 de agosto. Alí vaise celebrar a partir das 20:00 horas o Guateque, que organizan a Comisión do Entroido, o Concello de Ribadeo e Acisa Ribadeo. O obxectivo é recadar fondos para o vindeiro carnaval ribadense.
Ás oito da tarde dará comezo ese Guateque dos anos 60 e 70 no que haberá comida e bebida para pasar unha tarde noite do máis agradable. A cita estará amenizada con música dos anos 60 e 70. Os organizadores subliñan que “é unha boa forma de despedir practicamente o mes de agosto en Ribadeo. O Guateque é unha cita moi bonita pola que hai moita xente agardando. E ademais é unha maneira de colaborar co Entroido ribadense”.
Xunto a Acisa, ao Concello e á Comisión do Entroido colaboran un grupo de persoas amantes do Carnaval ribadense “que sempre están dispostas a botar unha man, para que tanto o Entroido como o Guateque resulten o mellor posible”.
Os organizadores animan “a acudir a esta tradicional cita caracterizados para a ocasión e coa finalidade de darlle moita cor e moita ledicia ao 24 de agosto en Ribadeo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive