18 de Setembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas amosan o seu pesar polo falecemento de Roberto Álvarez Fernández, ex alcalde de Cervo

16-08-19

A Mariña, 16 de agosto, 2019. “Queremos amosar o noso profundo pesar polo falecemento do compañeiro Roberto Álvarez. Foi un socialista exemplar, un traballador incansable e un político que deixou unha pegada exemplar en todos os cargos políticos e institucionais que desempeñou”, dixo a secretaria provincial Socialista, Patricia Otero, tras coñecer o falecemento do ex-Alcalde.
Álvarez Fernández, foi deputado do PSOE no Congreso desde febreiro de 1995 a xaneiro de 1996, e tamén exerceu como alcalde de Cervo desde 1987 ata o 1999.
“Dende o PSdeG-PSOE enviamos nestes duros momentos un abrazo a toda a súa familia e a todos os seus amigos. Para nós serás sempre un exemplo de compromiso político”, concluíu Otero.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive