19 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta acomete obras de conservación e limpeza vexetal en varios puntos do Camiño Natural do Cantábrico

11-09-19

 Ribadeo, 10 de setembro de 2019.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de iniciar hoxe distintas tarefas de conservación e limpeza vexetal en varios puntos do Camiño Natural do Cantábrico, ao seu paso polo municipio de Ribadeo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os traballos centráronse esta mañá no treito que vai desde Ribadeo ata a praia das Catedrais, nun treito de aproximadamente dous quilómetros.

A iniciativa contribuirá para poñer en valor e favorecer o uso e aproveitamento desta ruta de grande interese paisaxístico e ambiental, nun espazo no que ademais esta fin de semana está previsto que se celebre unha proba deportiva de medio maratón.

Ao longo de varias xornadas varios equipos encargaranse de realizar tarefas de roza e control da vexetación nas marxes desta ruta así como a poda de árbores e arbustos naquelas zonas nas que resulte necesario.

O Camiño Natural Ruta do Cantábrico, que percorre a franxa costeira da Mariña lucense ao longo de 131 quilómetros distribuídos en 6 etapas e 2 ramais, en concreto entre as localidades de Ribadeo e O Vicedo

Este itinerario pódese realizar a pé e en bicicleta o que permite unha interacción co mar, gozando das rías e de varios espazos naturais protexidos. O apoio da administración autonómica desenvólvese ao abeiro dun convenio co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive