Santiago de Compostela, 11 de Setembro 2019.- O BNG logrou o respaldo de todos os grupos da Cámara a súa proposta de instar á Xunta “a constituír unha mesa de negociación con ALCOA e o comité de empresa de San Cibrao, para demandar a activación das cubas en suspenso e velar polo mantemento do emprego e da actividade en tanto se mantén a actual situación de declive industrial e de inestabilidade nos prezos da enerxía”.
A portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, responsable da proposición non de lei aproveitou a defensa da iniciativa para pedir “seriedade” e evitar “episodios anteriores con exclusións e vetos”, de tal xeito que esa mesa incorpore ao comité de empresa, as organizacións sindicais e ás administracións galega e estatal.
Presas criticou que tras meses de mobilización social “ningún dos problemas de fondo que afecta ás industrias electrointensivas recibiu resposta” e, tras o que cualificou como “pequeno respiro” en ALCOA Coruña, “o certo é que estamos aínda lonxe de que a situación sexa satisfactoria porque os problemas de fondo seguen aí”.
Por contra, indicou, “os sinais de alarma na planta de San Cibrao están disparados, tras a decisión de ALCOA de parar 32 das 512 cubetas electrolíticas, o segundo recorte nun ano”, mentres se segue á espera da promesa incumprida dun estatuto para as industrias electrointensivas.
Xunto coa creación da mesa de negociación, o Bloque reiterou no Parlamento a urxencia de aprobar ese estatuto tendo en conta as achegas do sector galego, coa inclusión dun paquete de medidas compensatorias polos atrasos antes do final de 2019.
Mentres, reiterou Presas, á fábrica de aluminio de San Cibrao vive unha situación de “incerteza” tanto para a comarca da Mariña, “que ten nesta actividade o seu motor económico fundamental con case 2.000 empregos”, como pola súa importancia para Galiza.
O Bloque apoia as peticións do comité de empresa que reivindica un marco enerxético estable libre das peaxes e, a cambio desta rebaixa, as empresas deben manter o emprego e esixir a máxima compensación permitida pola UE, por CO2. Igualmente, modelos de contratos bilaterais semellantes ao francés que permitan planificacións a unha década vista, intervir no pool para producir unha rebaixa as persoas consumidoras, manter as poxas de forma transitoria coa media dos importes dos últimos anos, cos mesmos bloques e recuperando o preaviso de parada de 2 horas.
A formación nacionalista insiste na súa demanda dunha tarifa eléctrica galega, que permitiría aforro e ganar competitividade, e pide á Xunta que asuma as súas responsabilidades coa industria galega e actúe “máis alá das declaracións electoralistas que estamos acostumadas a escoitar”, concluíu.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



