26 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Cervo celebrará a fin de semana a Festa na honra da Virxe das Dolores

16-09-19

 Cervo, 16 de setembro de 2019.- A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e os membros da A.C. Virxe das Dolores, Juan José Pardo e Federico Lage, presentaron o evento.
A cita comezará o sábado 21 coa preparación da alfombra floral ás 12:00 horas. A esa mesma hora, dará comezo a VI Festa Popular dos Callos, amenizada por DJ FDB.
Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo da orquestra Ritmo Noche seguida de Mayel Trío.
Xa o domingo 22 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial e a continuación terá lugar o pasarrúas e a procesión acompañada da banda TAU de Viveiro.
Ás 14:00 horas comezará a sesión vermú prolongada co Grupo Puzzle.
A Festa está organizada pola A.C. Virxe das Dolores coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive