Ribadeo, 8 de outubro de 2019. A película O que arde, de Óliver Laxe, vaise proxectar a vindeira semana en Ribadeo. O día 15 haberá un pase para os centros de ensino e ao remate o director participará nun coloquio cos asistentes e o 17 de outubro será o pase para o público xeral, segundo anunciou hoxe a concelleira de Cultura, Pilar Otero.
A edil ribadense dixo que “no Concello de Ribadeo, a través da Concellaría de Cultura, xestionamos a presenza nos cines comerciais a proxección de O que arde, a película de Óliver Laxe, que está a ter un grande éxito de crítica e público, de feito temos moita xente preguntando por ela”.
Pilar Otero sinalou que “se trata dun filme galego que acadou o premio do xurado no Festival Internacional de Cannes 2019 e tamén recentemente foi premiado no Festival de San Sebastián. Supoño que de aí ven todo este movemento e toda esta curiosidade por esta película, que seguro que non nos vai deixar indiferentes”.
A concelleira de Cultura explicou que “aínda que non estaba previsto que O que arde estivese nas salas de Ribadeo, tivemos o empeño desde a Concellaría de Cultura en traela ao igual que ocorreu noutras ocasións con A Esmorga e Sicixia, de Ignacio Vilar, xa que o que pretendemos é que o cinema galego teña unha presenza normal na carteleira que poden ver os ribadenses. De feito moitas persoas preguntan si o pase vai ser no Teatro, pero a idea de normalizar o cine en galego pasa por acceder a estas películas nas mesmas salas nas que se proxectan os outros filmes, polo que desde o primeiro momento se optou pola colaboración cos Cines de Ribadeo, é dicir coas salas locais”.
Otero Cabarcoa contou que “hai un pase previsto para os centros de ensino o vindeiro martes, 15 de outubro, ás 11.30 da mañá, ao que acudirán un total de 300 alumnos e alumnas do CIFP Porta da Auga, Colexio Sagrado Corazón, Colexio Gregorio Sanz e IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. A maiores achegaranse tamén algúns usuarios do Centro de Día de Ribadeo. Nesta proxección, na que parte da entrada está subvencionada polo Concello, contaremos coa presenza de Óliver Laxe para realizar un coloquio ao acabar. Logo máis adiante o xoves, 17 de outubro, ás 20:30 horas vai haber un pase xeral para todo o público”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.