21 de Outubro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

As Tixolas, único restaurante “Contra el hambre” da provincia de Lugo

12-10-19

 Viveiro, 12 de outubro, 2019. A campaña “Restaurantes contra el Hambre” é a maior iniciativa solidaria da hostalería en España, promovida por Acción contra el Hambre en colaboración coa Federación Española de Hostalería, que ademáis este ano cumpre o seu décimo aniversario.

A casa de xantar “As Tixolas” (Covas-Viveiro) é, segundo o mapa de colaboradores da web oficial da campaña (https://www.accioncontraelhambre.org/acciones/restaurantescontraelhambre/buscador-restaurantes), o único restaurante participante en toda a provincia de Lugo, mentres que hai outros dezasete locais que tamén colaboran en toda Galicia.

O menú solidario que ofrece As Tixolas consta de 4 pratos, postre, café de pota e chupito, todo por 20 euros. O menú, que se renova cada poucas semanas, consta agora mesmo de Mexillóns á mariñeira; Timbal de polbo, langostinos e cogomelos con panadeiras e aceite pimentón; Ovos rotos con criollo, patacas e allos tenros; Meixela de porco con patacas panadeira; Tarta Oreo; Café de pota e chupito.

A campaña celébrase entre o 15 de setembro e 15 de novembro en restaurantes de todo España. Os hostaleiros únense deste xeito para loitar contra a desnutrición infantil, servindo “os pratos que máis alimentan”, xa que por cada menú vendido unha parte (de 0,50€ a 2€, segundo o importe do menú) destínase a Acción contra el Hambre para a prevención, diagnóstico e tratamento da desnutrición.

“Pode parecer unha cantidade pequena, pero gracias a esta iniciativa na campaña do ano pasado recaudáronse en toda España máis de 180.000 euros, con pequenas aportacións prato a prato”, asegura José Manuel Vázquez, responsable do restaurante As Tixolas, que leva colaborando xa nove anos con esta iniciativa solidaria.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive