Cervo, 4 de outubro de 2019. Os alcaldes de Barreiros, Burela e Cervo participaron onte na Casa da Cultura de San Cibrao no II Foro Económico da Mariña, que abordou a situación da planta de Alcoa. Ana Ermida, Alfredo Llano e Alfonso Villares consideran que é preciso buscar unha solución para que a factoría siga coa súa produción na Mariña e para o mantemento dos postos de traballo, preto de 1.200 directos e 500 indirectos. Durante as dúas horas que durou o coloquio tamén interviñeron persoas do público, entre as que se atopaban traballadores en activo e xubilados de Alcoa, membros do comité de empresa e representantes políticos da comarca.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, declarou que “eu creo que ao que nos ten que levar este coloquio e todo o que se está xerando arredor da situación de Alcoa é a ver a importancia que ten ter un tecido industrial forte nunha comarca, e a importancia que ten neste caso a fábrica de Alúmina Aluminio en San Cibrao e a súa influencia en toda a comarca. Nese sentido, como representantes públicos, eu creo que o que temos é que garantir a defensa a ultranza, e nunha soa voz, dos postos de traballo e do mantemento da produción nesta zona. Eu sigo insistindo que as administracións temos un traballo moi importante por diante, cada unha no seu ámbito competencial e dende os Concellos o que temos que facer é poñernos do lado dos traballadores e das traballadoras para defender esas demandas e garantir un marco eléctrico estable que solucione inicialmente este problema, e nos permita avanzar na mellora da industria na Mariña. Nese sentido eu sigo facendo un chamamento a facer todo tipo de traballo institucional desde os nosos Concellos conxuntamente para actuar con máis fortaleza e que se dea todo o mundo conta que non é unha cuestión estritamente política senón social e económica para o noso territorio”.
O rexedor de Burela, Alfredo Llano, manifestou que “eu adoito levar este obxecto comigo. É un círculo no que cada cor representa un dos obxectivos das Nacións Unidas para o ano 2030. O último é o de colaboración e cooperación entre todos, ten que haber unha alianza para que funcione todo mellor. Esa alianza é a que debemos sacar de aquí hoxe. Se imos todos no mesmo obxectivo e coa mesma intención, facendo con rigor e criterio, podemos acadar non soamente que se quede Alcoa senón que nazan outras cousas interesantes, boas e produtivas para a nosa comarca”.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou na súa reflexión final que “como xa falamos todos, a empresa de aluminio é fundamental para esta comarca e non hai outra alternativa. Eu creo que temos que conseguir entre todos que esta empresa siga así. Entón me quedo cunha petición que seguramente levaremos aos plenos, ademais apoiándose nunha solicitude que fixeron os propios compañeiros do Bloque no ano 2012, que é o de instar ao goberno do Estado a poñer en marcha unha tarifa eléctrica que garanta a continuidade dos postos de traballo existentes na actualidade na multinacional Alcoa e empresas auxiliares. Ese é o grito que onte entre todos, os distintos sindicatos, o comité de empresa e os alcaldes que estábamos alí, demandamos e é o que necesitamos neste momento”.
A necesidade de mellorar as infraestruturas na comarca para que as empresas compitan en igualdade de condicións que as que están situadas a carón de grandes cidades ou a preocupación pola balsa de lodos vermellos de Alcoa foron outros dos aspectos abordados na charla-coloquio de onte, que se celebrou na Casa da Cultura de San Cibrao.
O II Foro Económico da Mariña foi conducido pola xornalista Carmen Cruzado.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



