19 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Apehl impartirá en Foz un curso sobre enoturismo e cultura do viño durante o mes de novembro

08-11-19

A Mariña, 8 de novembro, 2019. A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, en colaboración coa Deputación de Lugo, prepara para os días 11, 12, 18, 19 e 25 de novembro un curso sobre cultura do viño e enoturismo que será impartido polo Instituto Galego do Viño, do que é director Xoán Cannas.
Entre as materias teóricas da formación están a historia do viño, a percepción, a uva, o chan, o clima, a viticultura, o traballo en adega, o servizo, a maridaxe, a elaboración de cartas de viño, o mercado e as novas tendencias, a xestión do negocio, as habilidades comunicativas, o marketing en hostalería e o enoturismo. Como prácticas, realizaranse varias catas de viños galegos e nacionais e farase unha viaxe á Ribeira Sacra o día 26 de novembro para visitar a Adega Os Cipreses, a Adega Moure-Abadía da Cova e a queixería Airas Moniz.
O curso terá lugar na cafetería Xoyma, en Foz, en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.
As prazas son limitadas. Para realizar as inscricións, que son gratuítas, poden poñerse en contacto coa Apehl no teléfono 982 22 69 12.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive