19 de Novembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O grupo de teatro Os Trocos de Castro de Rei presentará en Burela este sábado, 9 de novembro, a súa obra Unha noite de primavera sen sono

06-11-19

Será no auditorio da Casa da Cultura ás 20:30 horas. A entrada será libre e para todos os públicos. A función está incluída no programa Buxiganga da Deputación. A obra conta a historia de Mariano e Alexandra, un matrimonio que ten unha forte crise tras unha discusión no dormitorio conxugal. Esa noite Mariano decide abandonar a casa entre ameazas de divorcio, e inmediatamente entra polo balcón Valentín, individuo en difíciles circunstancias. Seguidamente unha recua de personaxes estrafalarios desfilarán polo escenario complicando a trama.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive