15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Club Atletismo Ribadeo logrou cinco medallas no campionato provincial de campo da través disputado este domingo en Portomarín

02-12-19

 Ribadeo, 2 de decembro de 2019. O Club Atletismo Ribadeo logrou cinco medallas (tres de ouro, unha de prata e outra de bronce) no campionato provincial de campo da través disputado onte, domingo, en Portomarín.
A representación do Club Atletismo Ribadeo no I Cross Portomarín -Campionato Provincial – IV Trofeo Verxel Nutrición estaba composta por seis atletas, dos que cinco participaron no campionato provincial e volveron para a casa con tres medallas de ouro, unha de prata e outra de bronce: Marcos Conde Llenderrozos proclamouse provincial na categoría Máster+35; Pablo Fernández Díaz logro o subcampionato provincial na categoría Sub 18; Marta Fernández Díaz foi campioa provincial na categoría Sub 23; Rocío Díaz Mesa conquistou o campionato provincial na categoría Máster+50 F; e Yago Freije Mariño obtivo a medalla de bronce na categoría Sub 23.
Na carreira popular o Club Atletismo Ribadeo contou coa participación de Emilio Ramón Fernández Rodríguez.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive