15 de Decembro de 2019

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Presidencia do Goberno responde á carta que unha focense lle enviou amosándolle o seu apoio a Alcoa, a través da misiva e da campaña realizada pola FCAM

02-12-19

 A Mariña, 2 de decembro de 2019. Unha veciña de Foz recibiu hoxe unha carta asinada polo Departamento de Comunicación con los Ciudadanos da Presidencia do Goberno do Estado, en resposta a que ela lle remitiu a Pedro Sánchez amosándolle o seu apoio a Alcoa, a través da misiva e da campaña realizada pola FCAM (Federación de Comercio A Mariña).

No escrito que lle chegou a esta muller sinalan que “por lo que respecta a la empresa Alcoa y su planta de San Ciprián, cabe recordar que en los últimos años ha recibido una importante inversión a través de diversos mecanismos. Esto es clara muestra del compromiso del Gobierno con la mejora de la competitividad de las plantas industriales españolas, especialmente de Alcoa, y de los esfuerzos en la creación de un entorno estable y predecible para su mantenimiento en España”.

E engaden: “asimismo le indicamos que el Ministerio de Industria, Comercio y Turismo ha aprobado recientemente, entre otras medidas, más de 170 millones de euros destinados a la compensación de costes indirectos de CO2 para las empresas en las que, como Alcoa, el precio de la energía tiene un componente fundamental en su estructura de costes”.

O pasado 30 de outubro a FCAM enviáballe ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, 5.000 cartas para amosar o seu apoio a Alcoa e en demanda de solucións para que a planta siga a ser competitiva en Europa. Desde a Federación de Comercio A Mariña animaron á veciñanza a enviar tamén estas cartas a título particular, o único que tiñan que facer as persoas interesadas era recollelas nos establecementos asociados, poñerlles un remite e un selo e mandalas á Presidencia do Goberno, como fixo esta focense que hoxe recibiu esta resposta no seu domicilio.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive