22 de Febreiro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Catorce persoas asistiron o pasado sábado nas instalacións da Peugeot, en Ribadeo, á nova fin de semana tecnolóxica que impartiu Apaga. O curso centrouse no manexo do osciloscopio. A vindeira cita formativa será o 8 de febreiro

27-01-20

As actividades de Apaga continúan xa esta semana coa celebración en Ribadeo da reunión transnacional dun proxecto de innovación que leva a asociación. O seu presidente, Álvaro Doural, lembra que “empezou en Zagreb hai uns meses, e vai durar toda a semana. Desde o martes, teremos con nós a 25 profesores de Romanía, Lituania, Italia, Portugal, Turquía e Croacia, coa temática na que se está traballando, que é a do vehículo eléctrico”. Esta xuntanza vaise celebrar na Granxa Escola Pedro Murias. Ás mañás estarán dedicadas a avanzar neste proxecto e polas tardes os asistentes aproveitarán para coñecer a riqueza paisaxística e monumental de varias vilas da Mariña.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive