10 de Xullo de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“No cárcere co inimigo”, por Marta Rodríguez Engroba

21-03-20

A irrupción do coronavirus colleunos a todos por sorpresa, como por sorpresa tamén nos colleu o estado de alarma, e con él ese illamento forzoso, que nos ten, en maior ou menor grado, descolocados.

É difícil rachar coa rutina diaria, coas relacións.
Eses cafés cos amigos, as conversas cos compañeiros, os paseos….., como difícil é xestionar a incerteza sobre o que vai pasar.
Os nervios resíntese, e manter a calma non é sempre doado.

E neste panorama desolador, en Si, hai saída, un pensamento, ou mais ben un temor, puro medo, nos encolleu o corazón.

Qué vai pasar con esas vítimas de violencia de xénero, cos seus fillos, que están a convivir, de súpeto, co seu maltratador as 24 horas do día?.

Porque, antes de que o coronavirus nos invadira, o horario laboral era un pequeno oasis, precario, flebe, si, pero o único que lles permitía respirar un chisco ata que, de novo, escoitaban a chave na porta, e o terror volvía a casa.

Outras veces él, o “amo”, prefería marchar, para volver cunhas cantas copas enriba e con mais agresividade se cabe, pero durante unhas horas, a ilusión dunha paz ficticia as acompañaba.

Para moitas mulleres, para os seus fillos, o inferno nestes días é dobre. O risco que corren as suas vidas, tamén.

Por eso, por eles, porque vos necesitan, porque nos necesitan, permitídeme compartir con vos este comuncado que, desde Si, hai saída fixemos chegar aos medios e aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Marta Rodríguez Engroba
Presidenta da Asociación Si, hai saída.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive