Lugo, 29 de xuño de 2020. O grupo provincial do PP considera que o goberno da Deputación intenta manter na penumbra da súa xestión, lonxe dos anunciados criterios de transparencia, todo o que ten que ver coa encomenda efectuada á empresa pública Tragsa para o mantemento das zonas verdes dependentes desta institución. Chega a este convencemento á vista de que o equipo presidido polo socialista José Tomé elude reiteradamente facilitar a información que reclama o Partido Popular sobre os custes reais da encomenda a Tragsa, que se fixo cargo dos traballadores de Suplusa, sociedade agora en liquidación, responsables do mantemento das zonas verdes. O viceportavoz provincial dos populares José Antonio García anuncia a presentación na próxima sesión plenaria dunha iniciativa para que o presidente da corporación provincial aclare aspectos moi relevantes do uso que se fai da citada encomenda, en concreto, quere saber se se está desviando aos traballadores de Tragsa procedentes de Suplusa a labores diferentes ao mantemento das zonas verdes provinciais, que é o obxectivo establecido na encomenda de xestión.
José Antonio García di que algunhas informacións das que dispón fan que sospeite que os traballadores de Suplusa incorporados a Tragsa para mantemento das zonas verdes dependentes da Deputación están sendo destinados a labores que nada teñen que ver con tales zonas verdes. O PP quere saber, no caso de que, efectivamente, estean realizando tarefas en espazos que non son da Deputación, quen deu a orde e, en concreto, se foi a propia Deputación.
García destaca que a institución que preside o socialista José Tomé acaba de prorrogar a encomenda a Tragsa por seis meses e un presuposto de máis de 400.000 euros, unha cantidade similar á correspondente aos anteriores seis meses. “Temos o convencemento de que o coidado das zonas verdes provinciais mediante Tragsa sae moito máis caro que cando o facía Suplusa, co cal a liquidación desta sociedade provincial non tería ningún sentido e quedaría sen xustificación o argumento usado polo goberno en canto a conveniencia de adelgazar os custes para a Deputación”. Di tamén: “O goberno provincial non responde ás nosas reiteradas preguntas sobre os custes reais e iso é moito máis que sospeitoso”.
O mesmo representante popular sinala: “Á espera de que o presidente Tomé dea as explicacións que lle solicitamos, teño que dicir que sería moi lamentable que, mentres algunhas zonas verdes da Deputación están deficientemente atendidas, Tragsa destinara aos antigos traballadores.de Suplusa a áreas que non son de titularidade provincial”.


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



