11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Mitma executa as obras de aumento de gálibo de tres pasos superiores na N-642 que requirirán restricións ao tráfico na contorna de Foz

31-07-20

 Madrid, 31 de xullo de 2020. Dentro dos traballos de reparación das vigas de catro pasos superiores na estrada N-642, que executa o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, no termo municipal de Foz, procederase, nas próximas semanas, ao aumento do gálibo vertical de tres pasos superiores que cruzan a estrada motivando restricións ao tráfico.
Para o aumento de gálibo da estrutura situada no km 29,700 da N-642 será preciso realizar unha restrición ao tráfico con corte total de calzada en horario nocturno nas madrugadas do 4 e 5 de agosto (inicio da restrición do día 3 de agosto ás 22 h), entre os seguintes puntos quilométricos:
– 29,500 (intersección coa LU- P-2004), ao 30,300 (intersección con vía de titularidade municipal), para vehículos lixeiros en ambos os sentidos de circulación.
– 29,500 (intersección coa LU- P-2004), ao 30,450 (intersección coa LU-152), para vehículos pesados en dirección San Cibrao.
– 28,825 (intersección con vía de titularidade municipal), ao 30,450 (intersección coa LU-152), para vehículos pesados en dirección Barreiros.
En canto ás actuacións necesarias para o aumento de gálibo das estruturas dos km 32,300 e 33,000, será preciso realizar unha restrición ao tráfico con corte total de calzada en horario nocturno nas madrugadas do 12 e 13 de agosto e do 18 e 19 de agosto respectivamente, coa seguinte implantación de desvíos alternativos:
– Entre os km 31,000 (glorieta da N-642 coa Avenida de Asturias en Foz), ao 34,140 (glorieta da N-642 coa Avenida de Viveiro en Foz), para vehículos lixeiros en ambos os sentidos de circulación.
– Entre os km 30,450 (intersección coa LU-152), ao 41,040 (intersección coa LU-162), para vehículos pesados en ambos os sentidos de circulación.
En todas as situacións permitirase o paso unicamente dos residentes nos tramos da estrada N-642 afectados polas obras.
Todos os itinerarios alternativos estarán debidamente identificados e sinalizados e contarán co apoio de señalistas nos puntos de inicio e final de desvío.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive