Viveiro, 31 de xullo de 2020. A praia de Covas e un dos tesouros de Viveiro e o seu paseo marítimo, un escaparate das posibilidades que ofrece este municipio. Pese a elo, o goberno municipal presidido pola socialista María Loureiro está empeñado en danar a imaxe da praia e do paseo. Se o evidente déficit de mantemento do entorno da praia é o vivo reflexo da indolencia e da falta de xestión do equipo de goberno, o paseo marítimo acaba de ser obxecto dunha inesperada, gratuíta e intolerable agresión estética coa instalación polo Concello dunha inapropiada caseta para servizo dos socorristas. Ninguén dubida de que os socorristas teñen que dispoñer dunha base, o máis cómoda e útil posible, pero tamén é certo que o seu aspecto ten que corresponderse coa nobreza do entorno no que se ubica.
O portavoz municipal do PP, Óscar Rodríguez, di que é inaudito que alguén que quere a Viveiro (e suponse que a alcaldesa quere á cidade que goberna) perpetre o atentado estético á praia de Covas e ao seu paseo que é a caseta de obra instalada para servizo dos socorristas. Rodríguez di: “É fea, porque é das de obra, sen máis pretensións; ocupa parte do paseo, ten os tubos ao ar e dá moi mal olor; quen dá máis para danar a imaxe de Viveiro?”.
Rodríguez sinala que no mercado hai todo tipo de casiñas e casetas e que por un prezo moi asequible o Concello de Viveiro pode alugar ou mercar unha cuxo aspecto se adecúe ao entorno. Rodríguez recorda que é a Xunta a que corre cos gastos do servizo de socorrismo; Concello puxo na caseta un letreiro que di “Xunta de Galicia”. Pero, explica o portavoz popular, a Xunta nada ten que ver coa caseta e a súa inadecuación ao entorno no que se atopa.
Os populares reclaman do equipo de goberno que substitúa a caseta, de maneira que a que elixa se adapte ao entorno e, ao mesmo tempo, sexa adecuada para as necesidades do servizo de socorrismo.






















Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
A xornada incluirá exhibicións de patinaxe artística e ximnasia rítmica, así como a entrega de diplomas e dun agasallo para todos os nenos e nenas das distintas disciplinas das escolas: voleibol, balonmán, multideporte, ximnasia rítmica e patinaxe artística. Será unha tarde especial para recoñecer o esforzo, a ilusión e o compañeirismo amosados ao longo de todo o curso.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



