11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas acusan a Feijóo de evitar dar explicacións sobre a xestión da pandemia “cando lle exprimiu o interese electoral”

31-07-20

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2020. O deputado socialista Julio Torrado acusou hoxe ao presidente da Xunta de utilizar a pandemia con “interese netamente electoral” ao deixar de dar explicacións “cando lle exprimiu o interese electoral”. Así o dixo no debate da Deputación Permanente do Parlamento para pedir a comparecencia do presidente da Xunta que, dixo, pasou de presentarse “case a diario” a través da TVG antes das eleccións a eludir calquera tipo de explicación ou comparecencia logo do 12X.

O responsable socialista criticou a negativa do PP a admitir a comparecencia do presidente da Xunta, a quen acusou de aplicarlle “política antivírica” á covid pasando a “tapar a boca, marcar distancias e lavar as mans” unha vez evidenciou que “xa non pode exprimila en termos electorais”. Engadiu que a decisión de Feijóo de manterse “agochado” en realidade “evidencia que a pandemia foi para el un cálculo electoral”, e que teñan evitado producir este debate durante tres semanas.

Sinalou ás dúbidas que presenta o anuncio de Trump de adiar as eleccións presidenciais nos Estados Unidos e, engadiu, “imaxinen que alguén queira desconvocar as eleccións, e imaxinen a continuación que se poidan convocar saltando un DOG” que impedía facelo co Estado de Alarma aínda activo, comparando coa situación das eleccións autonómicas en Galicia.

Sinalou que a evolución da pandemia, malia que careza da incidencia de comezos de ano, si que ten preocupado unha situación “en termos numéricos e sociais preocupantes”. Reclamoulle ao presidente da Xunta que responda das acusacións sobre presunto ocultamento de información sobre o brote da Mariña, pero “queremos crer que non foi así, pero o goberno non quere dar explicacións”.

Reclamou a comparecencia do presidente da Xunta para “ofrecer mensaxes que tranquilicen, que expliquen a previsión sobre como pode derivar a pandemia e as consecuencias que ten”, e lembrou que “a pademia está aí pero Feijóo xa non, o que non ten sentido se non é basicamente porque a explicación non é a pandemia, senón as eleccións, que xa non están aí”.

Torrado dixo que se trata dun debate “absurdo e estéril” ao plantexalo “fora de tempo e no que os grupos que o propoñen teñen menos tempo de intervención que os non propoñentes”, ao verse obrigados a repartir o tempo entre eles.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive