11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A empresa ribadense Gestión Gratelu pon en marcha unha iniciativa para axudar á loita contra o cancro

01-08-20

Esta campaña levarase a cabo a partir de hoxe, sábado, 1 de agosto, e durante doce meses. Consiste na entrega de 5 euros por cada baleirado de cada un dos dez contedores de residuos que foron pintados de cor rosa para identificalos con este proxecto solidario. O xerente de Gestión Gratelu, Pablo Posada, explica que van tratar de alugar eses recipientes antes que os outros que teñen, “para intentar que a axuda para esta causa sexa maior”. Gestión Gratelu ten as súas instalacións no polígono industrial de Ribadeo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive