Ribadeo, 14 de setembro de 2020. O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, asegura que están a piques de rematar os traballos contratados polo Concello dentro do Plan de Tratamentos Preventivos contra Incendios Forestais, que consisten no desbroce mecanizado da faixa auxiliar en ambas marxes das vías que dan servizo ás zonas forestais. O edil tamén subliña que o Concello dispón de 2 tractores cos correspondentes equipos de desbroce que están actuando permanentemente nos máis de 260 quilómetros de camiños que dan servizo aos 150 núcleos de poboación e ás fincas de uso agrícola.
Mundiña contou que “están a punto de rematar os traballos contratados polo concello de Ribadeo a unha empresa de servizos dentro do Plan de Tratamentos Preventivos contra Incendios Forestais. Estes traballos consisten no desbroce mecanizado da faixa auxiliar en ambas marxes das vías que dan servizo ás zonas forestais, cun ancho medio de desbroce de 5 metros (2,50 m. en cada marxe)”.
O concelleiro de Medio Rural dixo que “a lonxitude total dos camiños forestais que están sendo desbrozados dentro do devandito contrato é de 140 quilómetros, debendo estar rematados os traballos o próximo 30 deste mes de setembro. Esta actuación forma parte dos convenios asinados coa Consellería do Medio Rural para a prevención e defensa contra os incendios forestais, polo que o Concello percibe una axuda deste departamento. Estes traballos de desbroce dos camiños forestais realízanse una vez o ano”.
O edil ribadense subliñou que “o Concello dispón de dous tractores cos correspondentes equipos de desbroce, que están permanentemente actuando no desbroce nos mais de 260 quilómetros de camiños que dan servizo aos 150 núcleos de poboación e ás fincas de uso agrícola. Un destes tractores actúa permanentemente nas parroquias de Vilaosende, Couxela, Cedofeita, Covelas e Arante e o outro nas de Ribadeo, Ove, Vilaselán, Piñeira, Rinlo, Vilaframil e A Devesa”.
Jesús Mundiña engadiu: “compre reflexionar que os medios dos que dispón o Concello para estes traballos de desbroce en camiños son fixos ao longo de todo o ano, pero o crecemento da vexetación é variable, producíndose o máximo crecemento entre mediados de do mes de marzo e finais do mes de xullo, polo que a demanda de traballo tamén é variable. Por esta razón estamos a recibir algunhas queixas cando no período de máximo crecemento da vexetación os traballos de desbroce non poden efectuarse cun período de rotación suficientemente curto que permita observar unha reducida altura da vexetación nas beiras dos mais de 260 quilómetros de camiños. Desde esta Concellaría de Medio Rural seguimos a traballar para ir mellorando o estado dos camiños de todo o concello coa mellor utilización posible dos recursos cos que contamos”.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



