Viveiro, 20 de novembro de 2019. O Concello de Viveiro asinou esta mañá a súa adhesión á rede estatal de ‘Bibliotecas en Igualdade’, que pretende recuperar e visibilizar o coñecemento de autoría femenina, saldando desta maneira unha débeda coas mulleres creadoras da historia.
No acto de sinatura participaron a concelleira de Cultura e Muller de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, a secretaria xeral da Asociación Clásicas e Modernas, Marina Gilabert Aguilar, que asinou desde Valencia, e a coordinadora da asociación e do proxecto ‘Bibliotecas en Igualdade’ en Galicia, Mariana Fernández Pérez.
O concello inaugurou hoxe tamén na biblioteca un vinilo cunha creación do artista local e xa internacional David Catá. “É unha obra que leva por slogan ‘De igual a igual’ e que responde a unha nova iniciativa máis ampla, que se chamará ‘Viveiro de Igual a igual’, para traballar en prol de alcanzar a igualdade en todos os aspectos do día a día dos nosos veciños e veciñas; esta acción comeza con converter a nosa biblioteca nun espazo divulgativo igualitario”, explica Lara Fernández.
A obra, financiada polos fondos do pacto de estado, xa se pode gozar na terceira planta da biblioteca pública municipal e o autor a describe así: “Metades. O amor é lealdade, respecto e compromiso, factores que deben ir da man. Esta fotografía, que representa estas características, fainos vernos de igual a igual, fragmentos que forman un todo no que as diferenzas non existen e o un non existe sen o outro. Dúas mans unidas, cosidas a unha á outra para sempre e que representan o símbolo do amor, a unión, a forza e a igualdade”.
O Concello de Viveiro adheriuse un ano máis á campaña ‘En negro contra as violencias’ e ten programadas diferentes actividades para concienciar á veciñanza e dar visibilidade á loita contra a violencia machista.
Ademais das actividades de hoxe, destaca a concentración silenciosa ‘En Negro’ do próximo 25 de novembro ás 12:00 horas na praza Maior, onde se lerá un manifesto reivindicativo.
“Este ano máis que nunca queremos sumarnos a esta campaña, xa que a violencia de xénero segue aí e incluso producíronse máis situacións e casos preocupantes polo confinamento derivado da pandemia”, asegura a alcaldesa de Viveiro.
Xa que este ano son más complicadas as actividades presenciais, o concello invita a todos os axentes sociais (comercio, centros educativos, etc) e á veciñanza a participar na campaña En Negro a traves de redes sociais. Na web ennegrocontraasviolencias.gal pódese descargar todo o material. Os hashtag serán #EnNegroContraAsViolencias, #EnNegro2020, #GaliciaEnNegro, #QuerémonosVivas e #NonEstásSoa.























Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



