19 de Novembro de 2008

:: información

Condicións Legais

1) Aceptación dos Termos de Uso e Modificacións
A visita e o acceso a este sitio web esixe a aceptación en todo das Condicións Legais e Termos de Uso que en cada momento se atopen aquí vixentes.

2) Sobre Crónica3
Crónica3 é unha publicación dixital que proporciona información de xeito gratuíto aos lectores e visitantes sen ningún tipo de contraprestación monetaria pola súa parte. O sitio Crónica3 é unha web persoal creada por un particular que corre cos gastos derivados do funcionamento, ten carácter divulgativo e informativo e pretende poñer a disposición de calquera persoa interesada información veraz non necesariamente exaustiva, exacta ou actualizada. Crónica3 edítana dúas persoas que manteñen os contido sen ningún tipo de remuneración monetaria. Os contidos de Cronica3 teñen como fonte a elaboración propia, a información que envían visitantes da paxina web, colaboradores, a que remiten persoas, organismos e entidades, e a que aparece en medios de información. Os contidos de cronica3 están baixo licencia Creative Comons mentres non se indique o contrario e poden reproducirse libremente sen máis que mencionar a fonte e a URL.

3) Publicación de contidos enviados
Crónica3 acollese, para todos os traballos publicados desde o 1 de maio de 2008 e sempre que no exista indicación expresa en contra, á licencia Creative Commons Recoñecemento. Ao enviar calquera contido a este sitio web, e conforme a súa natureza libre e gratuíta vostede acepta e coñece que o seu traballo se publica con licencia Creative Commons. Si vostede cree que a súa propiedade se utilizou de forma que poida supor unha violación do seu dereito a propiedade intelectual, diríxase os editores e indique no asunto “violación dereitos de autor”.

4) Responsabilidades e garantías
Ao visitar e utilizar Crónica3 vostede acepta o feito de que o propietario reserva para si o dereito a modificar ou suspender as páxinas dispoñibles, todo o sitio web, borrar temporal ou definitivamente os datos publicados, en calquera momento, sin previo aviso e sin ningún tipo de responsabilidade cos usuarios. Desta forma, propietario, editores e colaboradores non teñen responsabilidade algunha polo borrado de informacións, fallos no almacenamento, inexactitude dos contidos e outras circunstancias relativas a información de publicada.
O usuario e consciente da súa exclusiva responsabilidade pola utilización que efectúe da web Crónica3, eximindo de responsabilidade ao propietario, editores e colaboradores, de calquera tipo de demanda ou reclamación, incluíndo os honorarios de representación xurídica ainda que non fose preceptiva, que puidera ser interposta por un terceiro, debido a/ ou como resultado da súa conduta ou da súa conexión a este sitio web, os contidos que ofrece, a súa violación de estes Termos de Uso ou calquera outra violación dos dereitos de outra persoa ou parte.
O Usuario comprometese a facer uso adecuado e lícito do sitio web e dos seus contidos e entende e acepta que o uso de este sitio web e de calquera contido ofrecido é baixo o seu propio risco. Crónica3 non ofrece garantías, implícitas ou explícitas, sobre a non interrupción de acceso a web, a falta de erros, a falta de virus, a precisión e a confianza.
O propietario do sitio web non se fai responsable de aqueles outros datos, sitios web ou arquivos os que sexa posible acceder a través de links dispoñibles nos contidos de esta web. Polo tanto nin aproba, nin fai seus o contido existente en tales páxinas web ou arquivos nin da calidade, licitude, fiabilidade e utilidade da información, contidos, datos e servizos alleos a esta páxina.
Cronica3 non asume o contido enviado para publicación nin se identifica necesariamente cos traballos enviados. No caso de que se declaren ilícitos datos ou se declarase existencia de lesión, e se nos notifique expresamente, retirarase o contido obxecto da declaración.

5)Privacidade
O visitante de Crónica3 non ten que facilitar datos persoais e Crónica3 non arquiva na súa web nin fora dela datos privados. O usuario acepta que esta política de privacidade pode sufrir modificacións que serán obxecto da adecuada publicidade nesta web.

6)Legal
Ao utilizar este sitio web vostede acepta estas Condicións Legais e Termos de Uso e calquera tipo de disputa relativa o uso de este sitio web serán interpretados de acordo ás leis vixentes no lugar de residencia do titular do dominio Crónica3. De acordo coa Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico 34/2002 de 11 de xullo, Crónica3 identificase en internet con cronica3.com e cronica3.es nomes de dominio titularidade de José Manuel Nebril Rego, como se pode consultar no whois publico de libre acceso con todos os datos. Para contactar por este motivo dirixase ao administrador da web coa información faciliatda no whois e indique “legal cronica3” no asunto.