Escolleron para o evento o restaurante Xoíña. O grupo "O Centiño" naceu como un desexo de seguir facendo teatro entre os actores que participaban na representación do milagre do Bispo Santo na Festa Normanda de Foz. Actualmente levan representadas sobre os escenarios tres obras: "O caldeiro máxico", "Zume de amorodios" e a actual, "El Guindilla". Da cea do pasado sábado naceu o proxecto de preparar a súa cuarta obra e seguir desfrutando da alegría de actuar dentro dos circuítos do teatro afeccionado.
A choiva e o vento foron os compañeiros durante esta pequena etapa do Camiño Primitivo (Fontaneira - O Cádavo). Remataouse, coma sempre nestas datas, cun gran cocido.
A Deputada de Turismo, Pilar García Porto, e a Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, participaron este venres, no auditorio do Vello Cárcere de Lugo, na gala de entrega dos Premios Son Muller 2019, organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo. Estes premios, cos que a Deputación colabora cunha achega económica de 3.500 euros, contribúen a visibilizar e a poñer en valor o traballo das mulleres da provincia para o desenvolvemento económico e a creación de emprego.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña comunica que ante a imposibilidade de acudir á concentración que convoca o movemento #VerínNonSePecha diante do Parlamento de Galicia o vindeiro martes ás 12 horas, para rexeitar o peche dos paridoiros do hospital de Verín desde o pasado 1 de decembro, realizará unha concentración de apoio ao mesmo diante do Hospital da Mariña coincidindo coa data e hora da concentración de Compostela. Animamos e emprazamos a veciñás, veciños, colectivos e profesionais sanitari@s da comarca para que se acheguen ata a entrada principal do hospital da Mariña o martes 17 ás 12 horas.
Puntos de venda: Peluqueria Reme (Burela), Farmacia O Parque (Burela),Farmacia Casariego (Burela),Mercería Paca (Burela),Fundación Eu Son (Burela), Tienda de Rosi (San Cibrao),Estanco Nicanor (San Cosme de Barreiros),Panaderia Lorenzo (Alfoz),Confiteria La Alianza(Mondoñedo), Farmacia Celsa Martínez (Mondoñedo), Cobelinha (Viveiro),Piscina Municipal de Xove, Josbi C.B. (Lourenzá). O prezo do calendario é de cinco euros.
Foi un acto emotivo ao que convidaron a participar a Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social. Este programa desenvolvese con carácter quincenal no IES Vilar Ponte e está destinado a familias con nenos e nenas de 0 e 6 anos. O programa ofértase a todas as familias con nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, aínda que asistan a outros centros educativos. De maneira gratuíta, o programa organiza actividades para contribuír á formación das familias e así mesmo axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos e fillas. As iniciativas son axeitadas a cada idade para reforzar a competencia educativa familiar.
Os oitavos de Copa do Rei disputaranse na Bomboneira con partido único fronte ao Parrulo, entre o 14 e 15 de xaneiro. Ferroláns e burelistas serán os dous representantes galegos nesta eliminatoria tras impoñerse os primeiros a Noia Portus Apostoli (2-3) e os da Mariña ao Esteo (1-4), esta semana.