Miles de persoas encheron o fin de sema as praias da costa de Lugo debido ao bó tempo e á ponte festiva da que moitos disfrutaron desde o pasado venres. En Barreiros os servizos de Protección Civil tiveron que habilitar novas zonas de aparcadoiro para dar acollida a todos os visitantes que recibiron os areais do municipio.
A fin de semana rematou sen grandes sustos. Os socorristas de Barreiros atenderon a 45 persoas por picaduras de escarapote e tiveron que efectuar algún que outro rescate da auga ao longo da ponte festiva sen que se producisen, eso sí, desgracias persoais.
A Garda Civil estivo a actuar na praia das Catedrais durante a tarde de onte para regular o intenso tráfico que se rexistrou nesa estrada costeira e para que os visitantes respectasen as sinais de entrada e de saída dese areal ribadense. Ata tres parellas da Garda Civil traballaron na zona: dúas nas Catedrais e outra máis en Reinante.
O peor da fin de semana foi a volta á casa xa que se rexistraron retencións de varios kilómetros entre o límite dos concellos de Barreiros e Ribadeo (preto da cooperativa Os Irmandiños) e A Espiñeira. Ocorría entre as oito e as nove e media da noite.
Miles de persoas disfrutan da praia e da carretera

Miles de persoas disfrutan da praia e da carretera
Relacionado
-
A Agrupación Socialista de Alfoz agradece todas as condolencias e mostras de cariño recibidas polo falecemento de Jorge Val
-
A Plataforma de Afectados da Residencia da 3ª Idade e Centro de Día de Foz pide a elaboración dunha nova Ordenanza Reguladora do Prezo Público
-
O Grupo Socialista de Viveiro solicita unha xunta de voceiros para recibir información detallada sobre o verquido de purín e coñecer as medidas que se van tomar