CERVO.- O grupo do PSOE no concello de Cervo presetou unha alegación solicitando a retirada da Ordenanza que regula a taxa para a prestación do servizo de gardería (PAI) por considerala inxusta e porque representa unha discriminación para as familias, despois de ter subvencionado unha gardería privada. Afirman tamén que descendeu o número de matrículas nun 55% e que algunhas familias optaron por levar os nenos a garderías de Burela e Xove.
NOTA DE PRENSA
O Grupo Municipal Socialista de Cervo presenta alegacións á “Baby taxa” esixindo a súa retirada
O número de matrículas no PAI de Cervo descende un 55%, e algúns pais optan por levar aos seus fillos a garderías de Burela e Xove
Os datos corroboran o que xa era de prever; a aplicación dunha taxa elevada e inxusta, a falla de información por parte do Concello e a mellor oferta doutros concellos veciños fixo que descendera un 55% o número de matrículas no PAI de Cervo.
Algunhas familias decidiron matricular os seus fillos noutros centros nos concellos veciños de Xove ou Burela, que ofrecen mellores prezos, e mellores servizos coma horarios ininterrompidos de 07:30 h – 21:30 h no caso de Burela, así coma transporte e comedor.
Outra das condicións que valoran os pais destes centros veciños á hora de matricular os seus fillos son a calidade das instalacións e os ratios profesor/neno. No caso do PAI de Cervo, as instalacións non son as mais axeitadas para albergar a estes nenos, xa que hai moita humidade nalgunha das paredes, e os metros cadrados das estancias son moi reducidos, tendo en conta o número de nenos que poden estar ao mesmo tempo nestas habitacións.
O Grupo Municipal Socialista de Cervo, reprocha ademais a Alfonso Villares que non quixera reunirse cos usuarios do PAI, tal y como pedimos os socialistas no Pleno onde se debateu á aplicación da taxa, amparándose en que os veciños de Cervo xa habían decidido nas urnas quen tiña que tomar decisións por eles. Esta actitude prepotente e chulesca é indigna dun mandatario, máxime cando se trata de asuntos tan delicados coma o coidado dos mais pequenos.
Temos que recordar ademais que o alcalde, á vista das críticas recibidas pola aplicación desta taxa, enviou unha carta aos usuarios do PAI intentando xustificar o pago da taxa escudándose en que viñan impostas pola Xunta. Pero tamén esqueceu neste caso o Sr. Villares, que estes prezos que recomendan para a rede de garderías e galescolas inclúen horarios ininterrompidos, e servizos coma transporte e comedor, cosa que non se da no caso do PAI de Cervo.
Un exemplo: unha familia de Burela con un fillo e unha renda media mensual pagaría por xornada completa ininterrompida, transporte e comedor 80 € máximo; si extrapolamos a Cervo, os pais teñen que aportar por unha xornada completa 110 € sen ningún tipo de servizo adicional, tendo que acudir ao centro nun horario non compatible co horario laboral e dispoñendo dunha persoa para acudir a recoller ao neno a hora de comer, posto que o PAI está pechado a hora do almorzo.
En definitiva, pedímoslle ao Alcalde de Cervo valentía política e vontade de servizo para retirar a taxa e para manter contactos cos usuarios e buscar fórmulas para compatibilizar a vida laboral e familiar dos veciños coa finalidade de dar servizos no concello evitando a emigración a concellos veciños.

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



