VIVEIRO .- O BNG de Viveiro, califica de “lamentábel espectáculo” a actitude do alcalde durante o último pleno “que sen entrar a cuestionar as alegacións, dedicouse como xa vén sendo habitual a marear a perdiz”. Os nacionalistas de Viveiro aclaran que calquera persoa ou entidade pode “presentar alegacións ao proxecto de orzamentos” sen que sexa xustificación ao atraso da tramitación dos presupostos e recordan cronoloxía do trámite presupostario de Viveiro”.
Nota de Prensa
“ ROEL ANDA A MAREAR A PERDIZ E NON CONTESTA ÁS ALEGACIÓNS DO BNG”
Despois da sesión de Pleno de onte e diante do lamentábel espectáculo ofrecido polo alcalde no que, sen entrar a cuestionar as alegacións, dedicouse como xa vén sendo habitual a marear a perdiz, o concelleiro do BNG de Viveiro quer facer público o seguinte:
1º.-Calquer persoa pode presentar alegacións ao proxecto de orzamentos. Calquer entidade pode tamén facelo. ( A do Eixo Atlántico pode alegar, por exemplo, para que figuren explicitados os 18.000 euros comprometridos no Pleno do 20 de setembro de 2007). Facer, portanto, un debate absurdo sobre quen asina a reclamación é botar fume para non entrar no asunto que realmente se trata. Dedicarse a soltar especulacións sobre si o asinante representa ou non ao BNG pode ser tarefa entretida para o holigan de turno que non ten, entre outras cousas, facultade algunha para dar carta de representación a ninguén. Quen representa ao BNG, nesta ou naquela ocasión, decídeo a nosa organización e non o señor Amor.
2º.-En canto ao posíbel retraso que orixinaría esta reclamación quero clarexar o seguinte.
a) Roel dí textualmente nunha sesión de Pleno do día 3 de decembro de 2007 : “os presupostos de 2008 serán presentados en decembro, e agora poido asegurar que na seguinte semana á ponte da constitución serán presentados na Comisión Informativa de Facenda e ás Asociacións Veciñais”. Nen houbo tal Comisión, nen se presentou nesa data nengún proxecto, nen se lles expuxo ás Asociacións Veciñais. Outra trola máis das súas, señor Roel
b) O orzamento entrégase para que sexa informado polos Servizos de Intervención o 6 de xuño de 2008. Seis meses—este é o retraso—despois de facer tal anuncio. Quen é o que retrasa posíbeis investimentos con subvencións?
c) Os Servizos de Intervención infórmano no prazo regulamentario de 10 días: o 16 de xuño e lévanse á Comisión e a Pleno un mes despois. O orzamento participativo, sr. Roel pasou a historia, nonsí?
3º.-Concluíndo: o BNG vai seguir facendo oposición. O traballo do goberno é mandar publicar o vindeiro luns o acordo de aprobación definitiva. O que ten que facer o suposto delegado de Economía e Facenda e entregarnos—tal como lle solicitamos por escrito hai moitos meses—o listado de facturas, ás contas que nunca dá e ordenar os pagos que eles—e só eles—comprometeron non seu día.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.