FOZ .- O grupo municipal do PP de Foz chama ao consenso para que Foz conte con unha nova residencia de maiores e, mentres, non se perda a actual. Os populares subliñan que Vicepresidencia da Xunta de Galicia “non respondeu debidamente á petición unánime feita polo pleno do concello de Foz” e piden que o concello de Foz faga “todo o posible para manter, mentres non exista outra institución, o noso Asilo”.
Nota de Prensa
O Partido Popular de Foz reclama a necesidade de ter en Foz unha Residencia de Anciáns moderna
A postura do Partido Popular de Foz neste tema é clara e prístina.
Queremos para Foz unha Residencia de anciáns ou Xeriátrico en condicións para os nosos maiores.
Hoxe en día temos en Foz un Asilo, que a pesar de contar con moitas comodidades, aínda non acadou todo o grao posible de confort para que os anciáns teñan a máxima atención, sobre todo física, ademais ninguén pode dubidar que o merecen.
Os responsables políticos debemos poñernos dacordo para conseguir prazas suficientes que garantan a calidade de vida dos nosos maiores. O Partido Popular de Foz non vai poñer ningún obstáculo para conseguilo. Con este tema non debe facerse política.
Actualmente o responsable da creación dunha Residencia-Centro de día é Vicepresidencia da Xunta de Galicia, que é responsabilidade do BNG, quen aínda non respondeu debidamente á petición unánime feita polo Pleno do Concello de Foz meses atrás, na que se solicitaba para Foz unha Residencia de Anciáns, indicando incluso a cesión gratuíta de terreos.
O Concello, co Alcalde socialista á fronte, pola súa parte debe facer todo o posible para manter, mentres non exista outra institución, o noso Asilo, hai que recordar que en Foz lévanse 75 anos atenden ós nosos maiores (con ou sen recursos propios).
Polo tanto dende o Partido Popular de Foz recalcamos a necesidade de que as distintas Administracións, local e autonómica, se poñan dacordo para dotar a Foz dunha Residencia na que se poda atender ás nosos maiores coa máxima calidade e dignidade, porque ademais é claro que o merecen.
Sería un abandono moi grande por parte da Administración deixar a Foz sen un Xeriátrico moderno e acorde cos tempos nos que vivimos, simple e puramente por diferencias políticas.
Foz, 29 de agosto de 2008
GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE FOZ



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.